Saltar ao contido

Museo do Louvre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Louvre»)
Museo do Louvre
O Louvre visto dende o río Sena.
Coordenadas48°51′36.38″N 2°20′22.66″L / 48.8601056, -2.3396278
País Francia
CidadeParís
DirectorHenri Loyrette
Inauguración8 de novembro de 1793
Superficie210.000 m² (60.600 a salas de exposicións)[1]
Visitantes6.894.000 (2004)
8.300.000 (2005)
Na rede
https://www.louvre.fr/, https://www.louvre.fr/en/, https://www.louvre.fr/jp/, https://www.louvre.fr/zh-hans e https://www.louvre.fr/es
IMDB: co0630841 Facebook: museedulouvre Twitter: MuseeLouvre Instagram: museelouvre LinkedIn: musee-du-louvre Youtube: UCafm6w_rPndqAtokQy04Jdw BNE: XX125696 Discogs: 5235864 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.

Historia do edificio

[editar | editar a fonte]

O edificio que alberga o museo é o palacio do Louvre. A súa orixe atópase nunha fortaleza do século XII, con ampliacións renacentistas e outras máis tardías. No edificio acumulou o rei Carlos V as súas coleccións artísticas. Os posteriores monarcas Francisco I e Henrique II planearon reformas do palacio, para facer del unha verdadeira residencia real renacentista. Foi a raíña Catarina de Medici a que esbozou o proxecto que fixo do Louvre o gran palacio que é actualmente, labores que continuou Henrique IV logo das guerras de relixión. A construción do Palacio de Versalles fixo que o do Louvre quedase desocupado pola familia real, e por iso instalouse, xa no século XVIII nel a Academia Francesa primeiro, e as restantes academias despois. Alí celebráronse exposicións anuais da Academia de Pintura e Escultura.

Restos da fortaleza orixinal sobre a que se construíu o palacio

O Palacio do Louvre foi afectado por decreto de maio de 1791 a funcións artísticas e científicas, concentrándose ó ano seguinte as coleccións da coroa. Parte do Palacio do Louvre abriuse por primeira vez ó público como museo o 8 de novembro de 1793, durante a Revolución Francesa. Esta era unha solución lóxica, tendo en conta de que estaba ocupado polas academias, e porque, xa en 1778, elaborouse o proxecto de utilizar a Gran Galería como pinacoteca.

Estivo unido ó palacio das Tullerías formando un só conxunto ata 1870, cando este último foi destruído nos feitos da Comuna de París, á vez que se destruían os tesouros artísticos deste palacio.

A última remodelación foi a pirámide de cristal que serve como entrada desde 1989, deseñada por Ieoh Ming Pei.

En marzo de 2004 anunciouse unha nova ampliación deste museo. Estará dedicada á arte do islam. Para o seu deseño convocarase un concurso internacional en 2005. Espérase que esta nova sala sexa aberta ó público antes de 2009, cun investimento de 50 millóns de euros para este proxecto.

Vista panorámica do Louvre en 1908
Vista panorámica do Louvre en 2007

Coleccións

[editar | editar a fonte]

O museo do Louvre conta actualmente con diferentes coleccións de obras de arte que proveñen de civilizacións, culturas e épocas variadas. Contén arredor de 300.000 pezas, das que só 35.000 están expostas.

Cabeza de esfinxe do Serapeo de Saqqara. Época de Nectanebo I

As coleccións do Louvre proveñen de diversas orixes:

  • As coleccións reais. Os monarcas franceses mostraron, xa desde o século XIV, afección por adquirir obras de arte, debendo destacarse o labor de Francisco I e Lois XIV coa adquisición da colección do banqueiro Jabach e do cardeal Mazarino; Lois XV adquiriu a colección do príncipe de Carignan, e Lois XVI, cadros das escolas flamenga e neerlandesa.
  • A revolución francesa significou a obtención de obras de arte para o estado por diversos camiños: a supresión das ordes monásticas, a desafectación das igrexas e o abandono de bens pola nobreza fuxida. Tamén, entre 1794 e 1795, chegaron obras requisadas polo exército revolucionario en Bélxica e Países Baixos.
  • As guerras napoleónicas significaron un notable incremento das coleccións do Louvre, pois os exércitos requisaron obras nos distintos países invadidos. Porén, moitas destas obras tiveron que devolverse ós seus países de orixe. En 1801 a sinatura do Concordato obrigou a devolver ás igrexas obras relixiosas.
  • Durante os séculos XIX e XX, a colección incrementouse mediante doazóns de coleccionistas privados, así como por unha política de adquisicións que se centrou especialmente na escola francesa. Entre as doazóns, cabe destacar a 1935, do Baron Edmond de Rothschild (1845-1934), con máis de 40.000 gravados, case 3.000 debuxos e 500 libros ilustrados.

O Louvre mostra obras de arte anteriores a 1848; as obras posteriores móstranse no Museo de Orsay e a arte contemporánea no Centro Pompidou.

No Museo do Louvre atópase a máis que famosa Gioconda do non menos afamado pintor e escultor Leonardo da Vinci, así como outras obras da Arte universal coma a Venus de Milo, a Vitoria de Samotracia ou o escriba sentado. Aínda que estes feitos provocaron tensións entre os franceses e os italianos, gregos e exipcios xa que os primeiros "apoderáronse" das súas obras máis importantes.

Á parte diso tamén podemos atopar nel bastantes obras de autores moi coñecidos como poden ser Jacques-Louis David, Fragonard, Rembrandt, Rubens, Tiziano, Poussin, ata españois como Goya ou Zurbarán.

Ademais de obras de arte, o Louvre ten unha ampla colección de mobles, sendo o obxecto máis espectacular desta colección o Bureau du Roi do século XVIII, hoxe devolto ó Palacio de Versalles.

Antigüidades orientais

[editar | editar a fonte]

O departamento de antigüidades orientais conserva obxectos da rexión situada entre a actual India e o mar Mediterráneo. Desde o Neolítico, numerosas civilizacións sucedéronse nesta zona, onde se observa a aparición dunha administración política, militar e relixiosa. É igualmente o berce da escritura, que fixo aparición arredor do 3300 adC en Uruk, Mesopotamia. O museo do Louvre dispón de tres coleccións relevantes neste departamento, organizadas segundo os conxuntos xeográficos e culturais:

Arte islámica

[editar | editar a fonte]

Este departamento, creado en outono de 2003, reagrupa as coleccións que proveñen da área situada entre España e a India e datan da orixe da civilización islámica (622) ata o século XIX.

Aquí atópanse moitas xoias da arte islámica: a pyxide de al-Mughira, unha caixa de marfil do ano 968; le plat au paon, unha importante cerámica otomá, e sobre todo o Baptistère de Saint-Louis, unha das máis famosas e enigmáticas pezas desta arte, creada por Muhammad ibn al-Zayn a comezos do século XIV. Tamén é salientable o material das escavacións en Susa (Irán), nas que o museo participou.

O museo pronto tivo que dobrar o espazo dedicado á arte islámica para mostrar polo menos 3.005 obras.

Cadros destacados

[editar | editar a fonte]

Séculos XIII a XV

[editar | editar a fonte]

Renacemento: Século XVI

[editar | editar a fonte]

Século XVII

[editar | editar a fonte]

Século XVIII

[editar | editar a fonte]

Século XIX

[editar | editar a fonte]

Esculturas destacadas

[editar | editar a fonte]

O Louvre na literatura e o cine

[editar | editar a fonte]

Literatura

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]