Saltar ao contido

Linares Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Linares CF»)
Linares
NomeLinares Club de Fútbol
Alcume(s)Azulillos
Mineros
Fundación1960
Desaparición1990
EstadioLinarejos,
Linares, España
Inauguración1956
Capacidade10.000
Na casa
Fóra

O Linares Club de Fútbol foi un equipo de fútbol español da cidade de Linares, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1960 e desapareceu en 1990.

O Linares Club de Futbol nace en 1960 e comeza a xogar en Categoría Rexional. En 1965 logra o ascenso a Terceira División. Nesta categoría permanece 5 anos, ata que na tempada 1969/70 descende outra vez a categoría rexional. Só un ano despois regresa á categoría nacional.

Tras dous anos en Terceira, na tempada 1972/73, proclámase campión do seu grupo de Terceira e logra o ascenso a Segunda División por primeira vez na súa historia. Só permanece unha tempada na categoría, descende como pechacancelas. Tras dous anos en Terceira División créase a Segunda División B en 1977, o Linares CF participa na primeira edición terminando en 14º posto. Na 1979/80 finaliza primeiro do grupo e ascende por segunda vez a Segunda División.

No seu regreso á Segunda División finaliza 12º na súa primeira campaña e logra manter a categoría tres tempadas. Na 1983/84 regresa a Segunda B. Na 1988/89 o Linares, xogou o seu último partido de liga no Vicente Calderón, ante o Atlético Madrileño, xogándose neste partido de novo o ascenso a Segunda. Non conseguiu o obxectivo. A seguinte tempada finaliza 7º, pero é descendido a Terceira por non pagar aos xogadores e desaparece en 1990. Fúndase na cidade o CD Linares para que o fútbol na localidade non morra.

  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco, medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón branco, medias vermellas.
Artigo principal: Estadio Municipal de Linarejos.

Estadio Municipal de Linarejos, construído en 1956, con capacidade para 10.000 persoas.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]