David Wark Griffith
(1916) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) David Llewelyn Wark Griffith 22 de xaneiro de 1875 La Grange, Estados Unidos de América |
Morte | 23 de xullo de 1948 (73 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Lugar de sepultura | Mount Tabor Methodist Church Graveyard (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Cinema mudo |
Lugar de traballo | Hollywood Estados Unidos de América |
Ocupación | director de cinema, montador, produtor delegado, guionista, actor, produtor de cinema, realizador |
Período de actividade | 1907 - 1931 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Linda Arvidson (1906–1936) |
Pai | Jacob Wark Griffith |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
David Wark Griffith, nado en La Grange (Kentucky) o 22 de xaneiro de 1875 e finado en Hollywood (California) o 21 de xullo de 1948, foi un director cinematográfico estadounidense, considerado o creador do modelo americano de representación cinematográfica (ou montaxe invisible), polo que é coñecido como o «pai do cinema moderno». Realizou máis de 500 filmes e colaborou na creación de moitos outros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De ascendencia irlandesa, foi educado baixo as influencias dominantes no Sur dos Estados Unidos, baixo a influencia dos extintos uns anos atrás Estados Confederados de América. Esta educación, con toda a carga de racismo que implicaba, influíu poderosamente na súa carreira.
Quixo ser escritor, pero xa en 1897 fíxose actor afeccionado de teatro, chegando a ser profesional tres anos máis tarde. Estudou en varias escolas locais, e traballou como actor secundario e en compañías ambulantes. Dada a época e a popularidade do emerxente cinematógrafo, sobre todo entre os actores norteamericanos, fíxose actor de cine en 1908, traballando para a AM&B (American Mutoscope & Biograph). Nesa compañía chegou a ser director en Nova York e California, converténdose en produtor independente en 1913.
En1915 fixo The Birth of a Nation, que acadou un éxito excepcional. Outro dos seus grandes filmes foi Intolerance (1916), un filme moi ambicioso para o seu tempo, que resultou ser un dos máis caros da historia do cine e dos máis influentes en futuros directores.
En 1919, xunto con Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, os artistas máis cotizados do cine do momento, fundou a United Artists para producir películas de longa duración á marxe do control dos produtores e financeiros non creativos do cinema.
Griffith seguiu realizando películas durante a época do cine mudo, mais trala chegada do cine sonoro, só realizou dúas películas: Abraham Lincoln (1930) e The Struggle (1931).
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |