Saltar ao contido

Alfinete (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Centranthus ruber»)

O alfinete[1] (Centranthus ruber) é unha planta perenne da familia das valerianáceas. Nativa da zona mediterránea, introduciuse en moitas zonas do mundo como planta de xardín pola beleza das súas flores. Medra sobre todo nos valados. As follas verde-grisallas teñen entre 5 e 8 cm de longo. Produce moitas pequenas flores aromáticas, de non máis de 2 cm cada unha, de cor rosa, vermella ou branca. Emprégase tamén como planta medicinal. Tamén recibe os nomes de alfinetes, valeriana vermella e valeriana roxa[2]. Aínda que é da mesma familia, non pertence ao xénero Valeriana.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alfinete.
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991