Altermundismo
Aparencia
(Redirección desde «Antiglobalización»)
O altermundismo, tamén denominado antiglobalización, é un amplo conxunto de movementos sociais formado por activistas provenientes de distintas correntes políticas, que a finais do século XX converxeron na crítica social ao denominado pensamento único neoliberal e á globalización capitalista. Acusan a este proceso de beneficiar as grandes multinacionais e países máis ricos e de acentuar a precarización do traballo e consolidar un modelo de desenvolvemento económico inxusto e insustentábel; tamén acusan a expansión do capitalismo de socavar a capacidade democrática dos Estados, entre outros aspectos negativos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Altermundismo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Altermundo.org portal altermundista en galego (pechado en 2014).
- Monográfico do diario El País (en castelán)