Galego

  •   Pronuncia: /ˈpaʎa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

palla (sg: palla; pl: pallas)

  1. Talo das gramíneas desprovisto do seu gran.
  2. Conxunto destes talos ou canas.
  3. Especie de tubiño delgado e oco, xeralmente de plástico, que serve para zugar líquidos.
  4. (Figurado) calquera cousa inútil ou de pouca importancia, da que se pode prescindir.
  5. Na antiga Roma, especie de chal ou manto usado por mulleres, actores e músicos. Levábase sobre a stola a modo de toga. Ó igual ca esta, podíase botar sobre a cabeza. As mulleres que non podían vestir a stola levaban a palla sobre a túnica. Acostumaba descansar en dúas capas sobre o peito e espalda mentres un extremo caía até os pés.

Termos relacionados

Traducións


Aragonés

  •   Pronuncia: /ˈpaʎa/ (AFI)

  Substantivo feminino

palla

  1. Palla.


Catalán

  Substantivo feminino

palla (sg: palla; pl: palles)

  1. Palla.


Galego-portugués

  Substantivo feminino

palla (sg: palla; pl: pallas)

  1. Palla.


Italiano

  •   Etimoloxía: oriental /ˈpa.ʎə/, occidental /ˈpa.ʎa/
  •   Pronuncia: /ˈpal.la/ (AFI)

  Substantivo feminino

palla (sg: palla; pl: palle)

  1. Pelota, bóla.