decembro
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués dezembro, dezenbro, do latín december, por ser daquela o décimo mes.
- Pronuncia: [deˈθɛm.bɾʊ], [deˈθem.bɾʊ] (AFI)
decembro (sg: decembro; pl: decembros)
- (Tempo) Duodécimo mes do ano no calendario gregoriano e no calendario xuliano. É o derradeiro mes do ano, de 31 días. Tamén se chama mes de nadal pola festa que nel se celebra. No antigo calendario romano era o décimo mes do ano.
- Exemplo: O 21 de decembro comeza o inverno.
- Sinónimos: nadal.
- Exemplo: O 21 de decembro comeza o inverno.
Traducións
mes do ano