coxa
Galego
coxa1
- Pronuncia: /ˈkoʃa/ (AFI)
coxa (sg: coxa; pl: coxas)
- (Anatomía e zooloxía) Parte da extremidade inferior dos vertebrados tetrápodos que vai desde a cadeira até o xeonllo, e que ten como eixe esquelético o fémur.
Traducións
- Alemán: Oberschenkel (de) (m) (do home); Keule (de) (f) (dos animais)
- Castelán: muslo (es)
- Catalán: cuixa (ca)
- Esloveno: stegno (sl), bedro (sl)
- Francés: cuisse (fr)
- Húngaro: comb (hu)
- Indonesio: paha (id)
- Inglés: thigh (en)
- Italiano: coscia (it)
- Portugués: coxa (pt)
coxa2
- Pronuncia: /ˈkɔksa/ (AFI)
coxa (sg: coxa; pl: coxas)
- (Zooloxía) Artículo (artello) basal da pata dos insectos e doutros artrópodos, que se articula co tronco.
- Sinónimos: cadeira.
- (Medicina) Cadeira.
Observacións
- A pesar de teren as dúas entradas (coxa1 e coxa2) a mesma etimoloxía, cómpre distinguilas por teren diferente pronuncia (a primeira é voz patrimonial e, a segunda, un cultismo).
Termos relacionados
(Termos médicos)
Galería
-
Diagrama da pata dun insecto. Come se ve, a coxa é o artello sinalado con cor verde clara.
-
Diagrama dunha araña, cos segmentos das patas sinalados con diferentes cores: coxa = gris, trocánter = vermello, fémur = verde, rótula = azul, tibia = púrpura, metatarso = amarela, tarso = anil.
-
Ósos da coxa ou cadeira.
Traducións
- Castelán: coxa (es).
- Catalán: coxa (ca).
- Esloveno: coxa (sl).
- Francés: coxa (fr).
- Inglés: coxa (en).
- Italiano: coxa (it).
- Portugués: coxa (pt).
coxo, coxa
- Pronuncia: /ˈkoʃo/ (AFI)
coxa (ms: coxo; mpl: coxos; fs: coxa; fpl: coxas)
- Que coxea, ou que carece dunha perna ou dun pé. Dise da persoa ou do animal.
- Dise da perna (ou pata) ou do pé que produce a coxeira.
Traducións
coxa (ms: coxo; mpl: coxos; fs: coxa; fpl: coxas)