'39 é unha canción da banda de rock inglesa Queen, escrita polo seu guitarrista Brian May e editada na cara B do sinxelo "You're My Best Friend",[1] extraído do álbum A Night at the Opera, lanzado en 1975.[2] A canción é cantada por Brian May e foi definida como unha "balada folk".

Na versión de estudio a canción foi interpretada por Brian May, mentres que nos concertos era Freddie Mercury quen a interpretaba, como se pode escoitar no disco en directo Live Killers.

Afirmouse que a inspiración para a letra a canción podería provir da obra de Hermann Hesse.[3] Tamén se especulou con que a letra da canción podería estar relacionada co comezo da segunda Guerra Mundial e a partida de soldados á fronte.[4] Con todo, o seu propio autor declararía que a canción "trata sobre alguén que se vai e abandona a súa familia, e que, cando volve, para el só pasou un ano pero a súa familia envelleceu cen anos",[3] en alusión á teoría da relatividade e o efecto de dilatación do tempo.[5]

Durante o concerto en tributo a Freddie Mercury só foi presentada a primeira estrofa e o coro desta canción, interpretada por George Michael. Esta canción tamén foi interpretada durante as xiras de Queen + Paul Rodgers e servía, comunmente, para que Brian presentase os músicos que completaban a banda.

A banda española Mago de Oz ten unha versión desta canción titulada "Resacosix en la barra", que aparece no seu disco de 2007 "La ciudad de los árboles". A canción "'39" é  a número 39 da discografía de Queen.[n. 1]

  1. O seu primeiro álbum ten 10 cancións (Queen), o segundo 11 (Queen II), o terceiro 13 (Sheer Heart Attack) —ata aquí, 34—; ao ser "'39" a quinta pista de A Night at the Opera, isto convértea na número 39 da discografía de Queen.
  1. Discogs. "Queen – You're My Best Friend". Discogs. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  2. Discogs. "Queen – A Night At The Opera". Discogs. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Blake 2013, p. 179.
  4. Perone 2012, p. 63.
  5. Mills, David (20 de marzo de 2012). "Old music: Queen – '39" (music blog). The Guardian. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar