Xosé Antonio López Teixeira
historiador galego
Xosé Antonio López Teixeira, nado en Vigo en 1957, é un historiador e ensaísta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, catedrático |
Traxectoria
editarLicenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce de profesor no IES Santa Irene. O seu labor de investigación xira, fundamentalmente, acerca da análise dos alicerces políticos e da conformación do Reino de Galicia -e xa que logo, da propia comunidade galaica-, situada na luzada da Idade Media. Colabora habitualmente en revistas de investigación e pensamento e en suplementos culturais de xornais.
Obras
editarEnsaio
editar- As orixes políticas do reino. Usurpadores e tiranos, 1999.
- Arredor do 'Regnum Christianorum' dos Galegos, 2000.
- A reconstrucción político-institucional do reino de Gallaecia, 2001.
- Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910), 2003, Toxosoutos.
- A formación do reino de Galiza, 2010, Toxosoutos.
- Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega, 2013, Toxosoutos.
Obras colectivas
editar- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
Premios
editar- Mención de honor no Concurso Nacional de Poesía O Facho de 1980, por Na parede de granito rosáceo.
- Premio de Historia Medieval de Galicia en 2002, por Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910).
- Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal en 2013, por Códice Calixtino.