Xi Jinping
Xi Jinping (en chinés simplificado: 习近平; en chinés tradicional: 習近平), nado en Pequín o 15 de xuño de 1953, é un político chinés e secretario xeral do Partido Comunista da China. Xi é actualmente o principal membro do Secretariado do Partido Comunista Chinés, o presidente da China, o director da Escola Central do Partido, e o máis importante membro do Comité Permanente do Politburo, que é o órgano de control de facto do país.[1]
Fillo do político comunista Xi Zhongxun, Xi Jinping comezou a súa carreira política na provincia de Fujian, e foi posteriormente escollido como xefe do partido na provincia veciña de Zhejiang, e despois promovido a xefe do partido de Shanghai tras a dimisión de Chen Liangyu. Coñecido polas súas posturas liberais, o duro combate á corrupción e unha franqueza e abertura en canto a reformas políticas e económicas,[2] Xi Jinping é o destacado líder emerxente da quinta xeración de líderes da República Popular da China.
Asumiu o cargo de Presidente da China o 14 de marzo de 2013, na principal sesión lexislativa do Congreso Nacional Popular.
En 2017, foi escollido por The Economist o home máis poderoso do mundo.[3][4]
Traxectoria
editarXi Jinping naceu o 1 de xuño de 1953, en Pequín, e a súa familia ten raíces ancestrais en Fuping, Weinan, provincia de Shanxi. É o fillo máis novo de Xi Zhongxun, un dos fundadores da guerrilla comunista en Shanxi e ex-viceprimeiro ministro do país. Á época do nacemento de Xi Jinping, o seu pai era o xefe do departamento de propaganda do Partido Comunista, e máis tarde vicepresidente do Congreso Nacional do Pobo. Cando Xi tiña 10 anos de idade, durante a Revolución Cultural, o seu pai foi expurgado e foi enviado para traballar nunha fábrica en Luoyang, sendo prendido en 1968. Sen a protección do seu pai, Xi Jinping foi traballar a Yanchuan, Shanxi, en 1969, durante a Campaña de Envío ao Campo de Mao Tse Tung. Xi Jinping converteuse en secretario do equipo de produción da rama local do Partido. Cando saíu, en 1975, el tiña só 22 anos. Preguntado respecto a esa experiencia pola televisión estatal chinesa, Xi lembrouna dicindo que "foi emocionante. Foi comovedor. E cando os ideais da Revolución Cultural non puideron ser realizados, esta transformouse nunha ilusión".[5] De 1975 a 1979, Xi estudou enxeñaría química na Universidade de Tsinghua.
Formación e personalidade
editarXi Jinping ten doutoramentos en enxeñaría química e ciencia política.
Xi foi descrito en 2011 nun artigo do Washington Post por aqueles que o coñecen como "pragmático, serio, cauteloso, traballador e discreto". Xi tamén foi descrito como unha boa man na solución de problemas e "aparentemente desinteresado nas trampas do alto cargo". Tamén é coñecido por adorar filmes de Hollywood, como Saving Private Ryan e Infiltrados, eloxiando tamén o cineasta independente Jia Zhangke.
Vida persoal
editarXi casou coa famosa cantante folk chinesa Peng Liyuan (彭丽媛) en 1987. Peng Liyuan, un nome familiar na China, era moito máis coñecida para o público do Xi ata o seu ascenso político. A parella frecuentemente vivía separada debido en gran parte ás súas distinguidas vidas profesionais. Teñen unha filla chamada Xi Mingze (习 明泽), que estudou na Universidade Harvard no outono de 2010 cun pseudónimo.[6]
É coñecido por ser fanático por fútbol. Incentivou a práctica do mesmo no país, convertendo o deporte en obrigatorio nas escolas chinesas, alén de construír miles de campos de fútbol espallados polo país.[7] Tamén deu valor ao Campionato Chinés de Fútbol.
Notas
editar- ↑ "China Data Supplement (Journal of Current Chinese Affairs)" (PDF). German Institute of Global and Area Studies (GIGA) (en inglés). maio de 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17-02-2012. Consultado o 16-11-2012.
- ↑ Xi Jinping: China’s New Boss And The ‘L’ Word. Newsweek, 2007.
- ↑ "The Economist elege o homem mais poderoso do mundo (e sugere ter muito cuidado)". InfoMoney. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2017.
- ↑ "Xi Jinping has more clout than Donald Trump. The world should be wary". The Economist (en inglés).
- ↑ Most corrupt officials are from poor families but Chinese royals have a spirit that is not dominated by money. The Guardian, outubro de 2007.
- ↑ Popular, futura primeira-dama da China foi cantora. Folha de S.Paulo, novembro de 2012.
- ↑ Obrigatório nas escolas, futebol vira prioridade de Estado na China. Folha de S.Paulo, xuño de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xi Jinping |
Ligazóns externas
editar- Biografía en Chinavitae.com
- Xi Jinping collected news and commentary at the China Digital Times
- "Changing of the Guard: Elite and Deft, Xi Aimed High Early in China" (29-9-2012), by Ian Johnson, The New York Times
- "Born Red: How Xi Jinping, an unremarkable provincial administrator, became China's most authoritarian leader since Mao." (6-4-2015), by Evan Osnos, The New Yorker.