Xantina
As xantinas son substancias que pertencen a un grupo químico de bases purínicas que inclúen substancias endóxenas tales como a guanina, a adenina, a hipoxantina e o ácido úrico.
Xantina | |
---|---|
3,7-Dihidropurina-2,6-diona | |
Outros nomes 1H-Purina-2,6-diol | |
Identificadores | |
Número CAS | 69-89-6 |
PubChem | 1188 |
ChemSpider | 1151 |
UNII | 1AVZ07U9S7 |
DrugBank | DB02134 |
KEGG | C00385 |
ChEBI | CHEBI:17712 |
ChEMBL | CHEMBL1424 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H4N4O2 |
Masa molecular | 152,11 g/mol |
Aspecto | sólido branco |
Punto de fusión | descomponse |
Solubilidade en auga | 1 g/ 14,5 L a 16 °C 1 g/1,4 L a 100 °C |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Etimoloxía
editarA palabra xantina deriva do grego xanthos, que se traduce como "amarelo", en virtude dos residuos amarelos producidos por estes compostos cando se quentan até o desecado con ácido nítrico.
Tipos de xantinas
editarDesde o punto de vista médico e farmacolóxico, existen tres xantinas de importancia: a cafeína, a teobromina e a teofilina, que son as tres, xantinas metiladas, polo que tamén se denominan metilxantinas. Son consideradas alcaloides, xa que son substancias fisiolóxicamente activas, continentes de nitróxeno e atópanse en plantas e nalgúns tecidos humanos; non obstante, chegan a diferir das bases alcaloides en que son lixeiramente solubles en auga. A importancia concedida a estes compostos deriva da interpretación do seu nome: teobromina, "comida divina"; teofilina, "folla de deuses" e cafeína, que vén da palabra árabe para designar o viño.
Nome | R1 | R2 | R3 | R8 | nomenclatura da IUPAC | Atópase en |
---|---|---|---|---|---|---|
Xantina | H | H | H | H | 3,7-dihidro-purina-2,6-diona | plantas, animais |
Cafeína | CH3 | CH3 | CH3 | H | 1,3,7-trimetil-1H-purina-2,6(3H,7H)-diona | Café, Guaraná, Mate (herba mate), Té, Cola |
Teobromina | H | CH3 | CH3 | H | 3,7-dihidro-3,7-dimetil-1H-purina-2,6-diona | Chocolate, Mate |
Teofilina | CH3 | CH3 | H | H | 1,3-dimetil-7H-purina-2,6-diona | Té, chocolate, Mate (herba mate) |
Paraxantina | CH3 | H | CH3 | H | 1,7-dimetil-7H-purina-2,6-diona | Animais que consumiron cafeína |
8-Cloroteofilina | CH3 | CH3 | H | Cl | Dimenhidrinato |
Consumo
editarExisten varias bebidas non alcohólicas provenientes de produtos vexetais que teñen xantinas. Por exemplo:
- As follas do té, Thea sinensis e os graos de café, Coffea arabica conteñen dun 1 a un 1,5% de cafeína.
- O cacao, Theobroma cacao, pode chegar a conter un 3% de teobromina.
- O té tamén contén unha porcentaxe importante de teofilina.
- As noces de kola, Cola acuminata, elaboradas por nativos de África Occidental.
- O guaraná, Paullinia cupana, propio do Brasil
- O mate, Ilex paraguariensis, bebida ben consumida en Paraguai, Arxentina, Uruguai, Brasil.
Efectos farmacolóxicos das xantinas
editarAs xantinas teñen efectos semellantes en varios sistemas orgánicos; diferindo entre si principalmente nas súas potencias relativas.
- Acción estimulante do sistema nervioso central.
- Acción relaxante da musculatura lisa.
- Producen vasoconstrición da circulación cerebral.
- Estimula a contractibilidade cardíaca.
- Acción diurética.
- Estimulación da resposta contráctil do músculo esquelético.
- Síndrome de abstinencia.