William Blake
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
William Blake, nado o 28 de novembro de 1757 en Londres e finado o 12 de agosto de 1827 na mesma cidade, foi un poeta inglés, visionario, pintor, e impresor inglés. Amplamente recoñecido durante a súa vida, a súa obra é hoxe considerada fecunda e significativa tanto na poesía como nas belas artes. Con frecuencia é considerado como o escritor máis espiritual do seu tempo.
Biografía
editarFillo dun chapeleiro,[1] desde a infancia mostrou unhas asombrosas aptitudes tanto para o debuxo como para a poesía. Aos dez anos foi enviado a unha escola de debuxo, onde, á par, comporá os seus primeiros poemas. Alumno do gravador James Basire, foi encargado de debuxar as antigüidades da abadía de Westminster e doutros vellos edificios, lugares que non deixaron de exercer unha viva influencia sobre a súa imaxinación melancólica.[1]
Gravou numerosas ilustracións para libros de Stothard e cos propios deseños. Participa, de xeito moi impulsivo, nos motíns de 1780, diante do cárcere de Newgate, a Bastilla londiniense. Casado en 1783 consonte aos seu gustos (ensinará a súa muller Catherine a ler, a escribir e a iluminar gravados), soñou en plasmar con pluma e xiz as visións que enchían o seu cerebro.
Un primeiro opúsculo, Poetical Sketches (1783) (Esbozos poéticos), contén as súas poesías compostas entre os doce e vinte anos de idade. Demasiado pobre para afrontar os gastos de imprenta das súas obras, fíxose o seu propio editor. Publicou así os Songs of Innocence (Cantos de Inocencia), ornamentados cos propios deseños (1799), obra singular, que acadou éxito, o que o animou para publicar do mesmo modo e sucesivamente: Books of Prophecy (1791) (Libros de profecía); Gates of Paradise (1793) (As portas do Paraíso) ; America, a prophecy (1793) (América, unha profecía); Europe, a prophecy (1794) (Europa, unha profecía); Songs of Experience (1794) (Cantos de experiencia). Ao mesmo tempo, puido mostrar, en varias exposicións da Academia Real, as súas pinturas alegóricas, históricas e relixiosas. Publicou The Marriage of Heaven and Hell (1790) (O matrimonio do Ceo e o Inferno), sátira de "Heaven and Hell" de Emmanuel Swedenborg.
En 1797 emprende unha edición ilustrada das "Noites" de Young, que deixou inacabada, pois marchou a vivir en Felpham, preto do poeta Hayley, para quen realizou deseños e pintou algúns retratos. Ao cabo de tres anos volveu para Londres.
Os seus cuarenta deseños gravados por Schiavonetti para unha edición do poema de Robert Blair: The Grave (1808) (A tumba), foron moi admirados, como a súa grande estampa a "Peregrinación a Canterbury" (1809), chea de carácter. Mentres, continuaba compondo, ilustrando e imprentando estraños poemas: Xerusalén, emanación do xigante Albion, Milton, un poema (1804), Xob (1826) etc. O máis orixinal é Xob, con gravuras máis definidas.
Todos estes volumes son hoxe buscadísimos, en especial os exemplares coloreados polo mesmo artista.
As visións de Blake
editarDesde novo, William Blake proclamou ter visións. As máis temperás ocorreulle entre oito e dez anos en Peckham Rye, Londres, cando manifestou ter visto unha árbore con anxos "adornando cada póla como estrelas". Segundo o biógrafo vitoriano de Blake, Gilchrist, volveu a casa para contar a súa visión, pero só se librou de ser trallado polo seu pai grazas á intervenzón da nai. Aínda que toda evidencia suxire que seus pais foron largamente comprensivos, sobre todo súa nai, con varios dos primeiros debuxos e poema de William que decoraban as paredes do seu cuarto.
Noutra ocasión, Blake veu xentes traballando nunha meda e pensou que eran figuras anxélicas entre as que el camiñaba. Da súa madurez, a súa esposa podería contar a vez en que el veu a cabeza de Deus "posta na fiestra".
Blake manifestou experimentar visións toda a súa vida. Acostumaban estar relacionadas con fermosos temas e imaxes relixiosas, e puideron inspirarlle as súas obras e anhelos espirituais. De certo, conceptos e imaxes relixiosos figuran de maneira central nas obras de Blake. Os paradigmas de Deus e a Cristiandade constitúen o foco intelectual dos seus escritos. Ademais, Blake cría que era instruído e animado persoalmente por arcanxos para crear as súas obras artísticas, que manifestaba que eran lidas e gozadas por eses mesmos arcanxos.
É difícil, senón banal, interpretar medicamente a natureza do estado mental de Blake. Algúns psiquiatras cren que puido sufrir algunha forma de esquizofrenia. William Wordsworth escribiu: "Non ha dúbida que este pobre home estaba tolo, mais hai algo na tolería deste home que me interesa moito máis que a saúde de Lord Byron e Walter Scott"
Bibliografía de Blake
editarLibros Ilustrados do mesmo W. Blake
editar- c.1788: All Religions Are One
- There Is No Natural Religion
- 1789: Songs of Innocence
- 1790–1793: The Marriage of Heaven and Hell
- 1793: Visions of the Daughters of Albion
- America: a Prophecy
- 1794: Europe: a Prophecy
- 1795: The Book of Los
- The Song of Los
- The Book of Ahania
- c.1804–c.1811: Milton: a Poem
- 1804–1820: Jerusalem: The Emanation of The Giant Albion
Libros alleos ilustrados por Blake
editar- 1791: Mary Wollstonecraft, Original Stories from Real Life
- 1797: Edward Young, Night Thoughts
- 1805–1808: Robert Blair, The Grave
- 1808: John Milton, Paradise Lost
- 1819–1820: John Varley, Visionary Heads
- 1821: R.J. Thornton, Virgil
- 1823–1826: The Book of Job
- 1825–1827: Dante, The Divine Comedy
Museos
editarEscolma de museos que posúen obras de William Blake:
- Fitzwilliam Museum, Cambridge, R.U.
- Glasgow Museum, Glasgow, R.U.
- Tate Gallery, Londres, R.U.
- Victoria and Albert Museum, Londres, R.U.
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: William Blake |
A Galicitas posúe citas sobre: William Blake |