Valeriana
- Este artigo trata sobre o xénero, para a planta chamada comunmente valeriana, véxase artigo herba benta.
xénero Valeriana | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Valeriana é un xénero de plantas da familia Valerianaceae. Inclúe un número de 200 especies, das cales a máis coñecida é Valeriana officinalis, chamada comunmente herba benta ou valeriana menor ou herba dos gatos. Algunha especies son nativas de Europa e outras de América do Norte. Adóitanse usar coma somnífero.
Descrición
editarSon herbas perennes, rizomatosas. Flores hermafroditas, en inflorescencias cimosas simples ou escasamente ramificadas. Cáliz con dentes lineares enrolados durante a antese, acrescente, plumoso e persistente na frutificación en forma de papo. Corola con tubo infundibuliforme, con 5 lóbulos desguais. Androceo con 3 estames. Estigma trífido. Froitos coas dúas cavidades estériles moi pouco desenvolvidas.[1]
A herba benta emprégase en Galiza dende a antigüidade.
A planta chamada valeriana vermella, valeriana roxa ou alfinetes (Centranthus ruber), non pertence a este xénero.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 31–34. 1753.[2]
Valeriana: nome xenérico derivado do latín medieval xa sexa en referencia aos nomes de Valerio (que era un nome bastante común en Roma, Publio Valerio Publícola é o nome dun cónsul nos primeiros anos da República), ou ao provincia de Valeria, unha provincia do imperio romano, ou coa verba valere, "para estar san e forte" do seu uso coma menciña popular para o tratamento do nerviosismo e a histeria.[3]
Especies máis importantes
editar- Valeriana acutiloba
- Valeriana alliariifolia
- Valeriana altaica orixinaria da rexión de Xinjiang (China e Mongolia)
- Valeriana apula
- Valeriana arburua
- Valeriana arizonica
- Valeriana californica
- Valeriana capitata
- Valeriana carnosa
- Valeriana celtica
- Valeriana columbiana
- Valeriana dioica
- Valeriana edulis
- Valeriana locusta
- Valeriana longiflora
- Valeriana montana, valeriana maior.
- Valeriana occidentalis
- Valeriana officinalis, herba benta, herba dos gatos, valeriana menor.
- Valeriana panciflora
- Valeriana pyrenaica
- Valeriana sambucifolia
- Valeriana scandens
- Valeriana scouleri
- Valeriana septentrionalis
- Valeriana saxatilis
- Valeriana sitchensis
- Valeriana sorbifolia
- Valeriana supina
- Valeriana texana
- Valeriana tiliifolia
- Valeriana tripteris
- Valeriana tuberosa
- Valeriana wallichii
- Lista completa de especies
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ [1]
- ↑ "Valeriana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de febreiro de 2013.
- ↑ En Nomes Botánicos
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Barrie, F. R. 2001. Valerianaceae. En: Stevens, W.D., C. Ulloa, A. Pool & O.M. Montiel (eds.). Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85(3): 2495–2497.
- Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 19: 1–884. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
- Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
- Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- Nash, D. L. 1976. Valerianaceae. In Nash, D.L. (Ed.), Flora of Guatemala - Part XI, Number 4. Fieldiana, Bot. 24(11/4): 296–306.
- Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.
Ligazóns externas
editar- USDA records of the distribution of the genus in the United States Arquivado 30 de maio de 2013 en Wayback Machine.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Valeriana |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valeriana |