Tsarskoe Selo (en ruso: Царское Село́; "A Vila dos Tsares") foi residencia da familia imperial rusa preto de San Petersburgo e centro de recibimento da realeza e a nobreza exterior, situado a 24 km ao sur do centro de San Petersburgo.[1] Hoxe en día forma parte da cidade de Pushkin e Patrimonio da Humanidade baixo o nome de Centro histórico de San Petersburgo e conxuntos monumentais anexos. Durante a Unión Soviética foi coñecido como Detskoe Selo.

Modelo:Xeografía físicaTsarskoe Selo
(ru) Царское Село Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocomplexo palaciano
museo
área protexida de Rusia
atracción turística Editar o valor en Wikidata
Parte deCentro histórico de San Petersburgo e conxuntos monumentais anexos
The Palace and Park Ensembles of the Town of Pushkin (Tzarskoe Selo) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPushkino, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 59°43′24″N 30°24′57″L / 59.723333333333, 30.415833333333
Composto por
Características
Superficie472,9 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1990 (14ª Sesión)
Identificador540-006
Patrimonio cultural federal de Rusia
Palacio de Catarina

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Palacio de Alexandre
Data1990 (14ª Sesión)
Identificador540-006b
Patrimonio cultural federal de Rusia
Palacio de Alexandre

Patrimonio cultural federal de Rusia
Babolovo Palace (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg

Patrimonio cultural federal de Rusia
Catherine Park (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Editar o valor en Wikidata

Páxina webtzar.ru… Editar o valor en Wikidata
Telegram: tsarskoe_selo VK: tsarskoe_selo_museum Youtube: UCkDoV9Mch7nxoL19OkM5mlA Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

En 1708 o tsar Pedro I doou os territorios á súa futura esposa, a tsarina Catarina I de Rusia, que fundou en 1724 a Blagovéschenskaya, a igrexa da Anunciación. Foi a mesma tsarina Catarina quen iniciou alí a construción dunha casa de campo, que se converteu no primeiro Palacio de Catarina.

O Palacio de Alexandre foi construído pola tsarina Catarina II de Rusia como residencia do seu neto preferido, o futuro tsar Alexandre I de Rusia. Co paso do tempo converteuse na residencia dos tsares Nicolao I de Rusia e Nicolao II de Rusia.

A finais do século XVIII, a Vila fíxose popular como un centro de veraneo entre a nobreza rusa. Creouse unha nova cidade próxima, Sofía, por orde de Catarina II de Rusia, para situar alí a garda imperial. Esta nova cidade uniuse á Vila en 1808.

A catedral da Ascensión foi deseñada polo arquitecto inglés Charles Cameron con estilo neoclásico. En 1811, Alexandre I creou un Liceo á beira do Palacio de Catalina no cal asistiu Aleksandr Pushkin, Aleksandr Gorchakov e Mikhaíl Saltykov-Shchedrín. A tradición literaria da Vila continuou no século XX con Ana Ajmátova e Innokienti Ánnienski.

No século XIX, a cidade escapou da industrialización malia a liña de ferrocarril que une San Petersburgo e a Vila, a primeira en ser construída en 1837. En 1917 instalouse unha potente estación de radio e na primavera dese mesmo ano residiu, baixo detención, o tsar Nicolao II de Rusia coa súa familia.

En 1918 coa chegada do socialismo e a URSS de Tsarskoe Selo cambiou de nome, chamándose Detskoe Selo (Vila dos nenos), cambiando de novo de nome polo de Pushkin (1937) en honor do centenario da morte do poeta ruso. Durante uns anos viviron na cidade un grupo de menores enviados pola República española ("nenos de Rusia") fuxindo da Guerra Civil.[2]

O 17 de setembro de 1941 os exércitos da Alemaña Nazi ocuparon a cidade, destruíndo moitos monumentos históricos, edificios e outras pezas culturais, entre as cales atopábase a famosa Sala de Ámbar, restaurada en 2003 con fondos do goberno federal alemán como reparación de guerra e con motivo do terceiro centenario da fundación da cidade de San Petersburgo.

 
Palacio de Alexandre.

Trala segunda guerra mundial planeouse a restauración total do complexo, xa que moitas partes do recinto foran destruídas. Hoxe en día, aínda non se acabou a reconstrución do Palacio de Alexandre e da igrexa palatina.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar