Tombo de Toxos Outos
O Tombo de Toxos Outos é unha compilación realizada polos monxes do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos no século XIII (a. 1289), cando Sancho Eanes era abade, relacionada coas súas posesións. Na actualidade a documentación do tombo atópase no Arquivo Histórico Nacional.[1]
Contido
editarAs páxinas orixinais do tombo chegan ata o folio 192r, no revés do cal comeza unha escritura diferente. A escritura orixinal é de tipo carolinxio, mentres que a parte engadida está redactada en letra gótica cursiva pertencente á primeira metade do século XIV. Os folios orixinais salientan pola mestura dun romance (ou latino-romance) con formas latinas e viceversa: «Jtem de quarta donega a quinta polos Berbegoes e XX dineiros de renda pro frater Dominico Caualeyro». Os documentos, de ámbito eclesiástico, pódense dividir en dispositivos (instrumentos notariais) e non-dispositivos (novas ou minutas). No primeiro caso, un fedatario protocolariza e rexistro o documento, o cal adquire un valor legal e público, así como unha credibilidade social. En segundo lugar, a documentación non-dispositva carece de valor xurídico e diplomático xa que non hai un validador que lle confira autenticidade e efecto xurídico-administrativo ao feito que se dá conta.[2] Este tombo foi salientado por moitos historiadores debido ás súas miniaturas.[3]
Galería de imaxes
editar-
Fernando II e Urraca de Portugal.
-
Afonso VIII e Berengaria de Castela.
Notas
editar- ↑ Martínez Lema, Paulo (2011). "Estrategias de latinización de toponimia romance en un cartulario medieval gallego: el Tumbo de Toxos Outos". Estudis romànics. pp. 265–277. ISSN 0211-8572. Consultado o 20 de xuño do 2016.
- ↑ Martínez Lema, Paulo; Pichel Gotérrez, Ricardo (2009). "Documentación romance no Tombo de Toxos Outos: edición filolóxica e estudo toponímico". Moenia: Revista lucense de lingüistica & literatura (15): 207–231. ISSN 1137-2346. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ Pérez Rodriguez, Francisco Javier (2004). "Os documentos do Tombo de Toxos Outos". Santiago de Compostela: Consello da Cultura. ISBN 84-95415-82-8. Consultado o 21 de xuño do 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tombo de Toxos Outos |