Tileiro

xénero de plantas
Tileiros (xénero Tilia)

Tilia cordata in Franz Eugen Köhler, 1897
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Tilioideae
Xénero: Tilia
L.
Especies

Ver a listaxe de especies debaixo

Os tileiros son as árbores do xénero Tilia, pertencentes á familia das malváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas do hemisferio norte. Abrangue unha trintena de especies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas.

Distribución

editar
 

Os tileiros están espallados por Asia, Europa e o leste de América do Norte; cultívanse tamén no hemisferio sur coma ornamentais.
Poden atoparse bravos en fragas do norte da Península Ibérica, especialmente as especies Tilia platyphyllos (tileiro de folla grande) e Tilia cordata (tileiro de folla miúda), porén a súa distribución non chega a Galicia, atopándoos só coma especies ornamentais en parques e xardíns urbanos.

Descrición

editar

Son árbores cun bo volume de crecemento e que acadan os 900 anos de idade, cunha altura entre 20 e 40 m, con fustes rectos de até un metro de diámetro, caducifolio coas follas cordiformes, co bordo serrado, de até 20 cm de largo, de cor verde escura na face superior e verde claro prateado na cara posterior, cun cheiro forte especial. As flores, chamadas tilas, teñen tamén un recendo característico, en forma de acios miúdos amarelos cunha bráctea alongada.

Medicinais

editar

Son coñecidas polas súas propiedades medicinais para combater catarreiras, arrefriados, ou outras afeccións.[1] Tamén úsanse coma tranquilizantes ou somníferos preparándose a xeito de cocemento ou infusión chamada tila.[2] Algúns estudos recentes descubriron nas súas flores efectos hepatoprotectores.[3]

 
Flores do tileiro europeo.

Os tileiros dan boa sombra e a follaxe colle unha fermosa cor dourada no outono polo que frecuentemente se empregan para xardinaxe urbana de rúas, parques e prazas.

Ecoloxía

editar

Son moi visitadas polas abellas para obter pole. As follas que caen do tileiro, ao se descompor, fornecen un humus de alto contido mineral e de nutrientes, que resulta moi útil para mellorar solos pobre en minerais e outros nutrientes.

Madeireiro

editar

Pola súa levidade e outras características, a madeira de tileiro é utilizada na construción de corpos de guitarras macizas, e na construción de baterías. Innumerábeis artistas utilizan instrumentos feitos en tileiro (basswood en inglés), entre eles Van Halen, Joe Satriani e Steve Vai.

Clasificación

editar

A listaxe a seguir acolle os taxons específicos e infraespecíficos máis aceptados entre o case medio milleiro descritos[4]

Híbridos e cultivares

editar
  • Tilia × euchlora (T. dasystyla × T. cordata)
  • Tilia × europaeaTileiro común (T. cordata × T. platyphyllos; sin. T. × vulgaris)
  • Tilia × petiolaris (T. tomentosa × T.?)
  • Tilia 'Flavescens' (T. americana × T. cordata)
  • Tilia 'Moltkei' (T. americana × T. peteiolaris)
  • Tilia 'Orbicularis' (híbrido, orixe descoñecida)
  • Tilia 'Spectabilis' (híbrido, orixe descoñecida)

Véxase tamén

editar

Referencias

editar
  1. Bradley P., ed. 1992. British Herbal Compendium. Vol. 1: 142–144. British Herbal Medicine Association, Dorset (Gran Bretaña)
  2. Coleta, M., Campos, M. G., Cotrim, M. D., et al. (2001). Comparative evaluation of Melissa officinalis L., Tilia europaea L., Passiflora edulis Sims. and Hypericum perforatum L. in the elevated plus maze anxiety test. Pharmacopsychiatry 34 (suppl 1): S20–1
  3. Matsuda. H., Ninomiya, K., Shimoda, H., & Yoshikawa, M. 2002. Hepatoprotective principles from the flowers of Tilia argentea (linden): structure requirements of tiliroside and mechanisms of action. Bioorg Med Chem. 10 (30): 707–712.
  4. The Plant List

Ligazóns externas

editar