Tuia

xénero de plantas
(Redirección desde «Thuja»)
Tuias (xénero Thuja)

Follaxe e mazás da Thuja standishii
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Xénero: Thuja
L.
Especies

Ver no texto

As tuias son as coníferas pertencentes ao xénero Thuja, da familia dos alciprestes (Cupressaceae) orixinarias das rexións temperadas do Hemisferio Norte. O xénero ten cinco especies, dúas nativas de América do Norte e tres do leste asiático.[1][2] O xénero é monofiléctico e irmán de Thujopsis (tuiopse).

Acostuman chamarlles polo seu apelativo latino arborvítae (‘árbore da vida’, en latín), por mor á súa follaxe sempre verde.

En Galicia non existen especies bravas, porén son moi común na xardinaxe urbana e privada para choer os eidos a xeito de sebes mestas.

Etimoloxía

editar

O termo galego e portugués tuia vén do grego: θυία (nome que lle daban a esta árbore).

Descrición

editar

Son árbores perennifolias sempre verdes que medran de 3m até os 18m de alto, cunha casca apardazada avermellada de textura fibrosa. As pólas son planas, coas poliñas laterais nun só plano.

As follas da Thuja son perennes e escamentas, agás ao abrochar, cando teñen forma de agulla de coser. As follas son escamudas, de 1–10 mm de longo, excepto nas novas plántulas no seu primeiro ano, que teñen follas tipo frouma (aciculares). As follas escamudas fican en pares decusados alternadas en catro ringleiras ao longo das poliñas. Os estróbilos masculinos son miúdos, non conspicuos, e se atopan nas puntas das poliñas. Os conos femininos (chamados popularmente mazás) comezan de xeito semellante non conspicuos, mais medran até 1–2 cm de longo e maduran cando teñen 6–8 meses de idade; teñen 6-12 escamas que se superpoñen, magros, coriáceos, con 1-2 sementes miúdas en cada escama cun par de ás laterais estreitas.[1]

Son plantas monoicas que contan con conos masculinos que son miúdos e inconspícuos, localizándoos nas puntas das pólas e con conos femininos máis grandes e magros, con escamas encouradas.

A madeira da tuia es liviá, macía e aromática.

Especies

editar
 
Follaxe e casca da tuia xigante (T. plicata).
 
Tuia xigante vella (T. plicata), na península Olympic, EUA
 
Cultivares de T. occidentalis nun arboredo

Un híbrido da T. standishi (Tuia do Xapón) e a T. plicata (Tuia xigante) coñécese co nome de cultivar Thuja 'Green Giant'.

Outra especie moi distinta e só relacionada de xeito afastado, anteriormente tratada coma Thuja orientalis (Árbore da vida), trátase hoxe nun xénero propio, coma Platycladus orientalis. Os achegados máis estreitos de Thuja son Thujopsis dolabrata, diferenciado pola súa follaxe mesta e os seus conos máis rexos, e Tetraclinis articulata (grego θύια, θύα, anteriormente clasificado no xénero e pola que recibe o nome de Thuja), distintiva na súa follaxe cuadrangular (non aplanada) e conos con catro escamas madeireiras e grosas.

Ecoloxía

editar

As especies de Thuja úsanse coma plantas alimentarias polas larvas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboreta) incluído Epirrita autumnata, Ectropis crepuscularia e Eupithecia pusillata. Os cervos comen facilmente a follaxe, e cando a poboación de veados é alta, pode afectar adversamente ao crecemento de árbores novas e até o establecemento de plantas de sementeiro.[3]

As tuias cultívanse amplamente coma árbores ornamentais, e son usadas amplamente como sebes. Unha serie de cultivares fanse medrar e son usados no deseño de paisaxes.[4][5] Usualmente, os propietarios plántanas coma árbores para conseguir intimidade entre eles e os seus veciños. O cultivar 'Green Giant' é unha planta de sebe moi popular, crecendo até 80 cm por ano cando son novas.[6]

A madeira é lixeira, suave e aromática. Pode dividirse de xeito doado e se resiste á decadencia. Tense usado en moitas aplicacións, coma nas tullas, huchas ou artesas que repelen a couza. Os postes feitos en tuia a miúdo foron usados para facer valados e travesas do camiño de ferro. A madeira da Thuja plicata adóitase usar para facer caixas das guitarras.[7]

A follaxe é rica en vitamina C. Os nativos do Canadá usan a frouma da Thuja occidentalis (Tuia do Canadá) para facer un té que ten 50 mg de vitamina C por cada 100 g. Isto axuda a combater o escorbuto. O óleo da tuia contén terpeno tujona que se ten estudado pola súa antagonista receptor GABA, con propiedades potencialmente letais.[8]

O óleo da tuia úsase de xeito tópico para axudar no tratamento do papiloma humano, espullas e espullas xenitais. É popular en tratamentos homeopáticos, para tratar infeccións das vías respiratorias.

  1. 1,0 1,1 Farjon, A. (2005). Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4
  2. Gymnosperm Database: Thuja
  3. Stein, W.I. 1997. Ten-year survival and growth of planted Douglas-fir and western redcedar after seven site-preparation treatments. Western-Journal-of-Applied-Forestry 12(3): 74-80.
  4. "Thuja plicata". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2007. Consultado o 01 de decembro de 2012. 
  5. "Thuja occidentalis". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2007. Consultado o 01 de decembro de 2012. 
  6. "U.S. National Arboretum: Gardens: FAQs: 'Green Giant' Arborvitae". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 01 de decembro de 2012. 
  7. Bucur, Voichita. 1995. Acoustics of wood. Boca Raton: CRC Press.
  8. Höld KM, Sirisoma NS, Ikeda T, Narahashi T, Casida JE (2000). "Alpha-thujone (the active component of absinthe): gamma-aminobutyric acid type A receptor modulation and metabolic detoxification". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 97 (8): 3826–31. PMC 18101. PMID 10725394. doi:10.1073/pnas.070042397. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar