Teodorico I, rei visigodo

Teodorico I (?, ? - Campos Cataláunicos, preto de Châlons-en-Champagne, 451), nome xermánico composto polas palabras theud (pobo) e ric (poder, soberano) que significa «soberano do pobo»,[1] tamén chamado Teodoredo,[2] foi o rei dos visigodos durante o período do reino visigodo de Tolosa, entre os anos 418 e 451. Suposto fillo ilexítimo de Alarico I, foi escollido como novo monarca despois da morte de Walia. O seu reinado viuse marcado pola sinatura da alianza cos romanos en 418, estabelecendo un réxime de foedus derradeiros anos do reinado anterio. Malia a alianza, Teodorico non respectou sempre esta alianza, que o supeditaba ó emperador romano, e va buscou unha maior independencia política. Máis aínda, intentou estender os dominios visigodos alén das rexións do sur da Galia, arredor de Tolosa. As accións militares erradas contra os romanos nas décadas de 420 e 430 foron detidas pola acción do xeneral Aecio. Teodorico intentou consolidar o seu poder fronte os romanos a través dunha política exterior con outros pobos bárbaros da parte occidental do Imperio Romano, desenvolvida durante a década seguinte a través de alianzas matrimoniais que tiveron máis ou menos éxito.

Modelo:BiografíaTeodorico I, rei visigodo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Theoderid Editar o valor en Wikidata
393 Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 451 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Campos Cataláunicos, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMarne Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
419 – 451
← WaliaTurismundo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónArrianismo visigodo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla dos Campos Cataláunicos Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor en Wikidata
FamiliaBaltingos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFlavia Valiana Editar o valor en Wikidata
FillosFrederico, Ricímero, Himnerido, muller de Requiario, Eurico, Turismundo, Teodorico II, rei visigodo Editar o valor en Wikidata
ParentesAlarico I, sogro Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de xuño de 451Batalla dos Campos Cataláunicos Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1528481 WikiTree: Visigoths-55

Ó final do seu reinado, por mor da ameaza dos hunos no norte da Galia, acabou uníndose en coalición militar co exército romano dirixido por Aecio, de igual forma que moitos outros exércitos bárbaros. Neste contexto, convértese nun dos participantes da batalla dos Campos Cataláunicos no verán do 451, durante a cal morreu, supostamente a mans dun caudillo dos ostrogodos, que eran aliados dos hunos. Foi sucedido polos seus fillos, primeiro polo primoxénito, Turismundo, conseguindo, en certa forma, unha sucesión hereditaria entre os seus descendentes. Porén, a sucesión real non foi pacífica senón que se caracterizou de intrigas e asasinatos entre familiares.

  1. Campbell, Mike. "Fitxa onomàstica de Teodoric". Behind the Name (en inglés). Consultado o 21 maio de 2015. 
  2. Wolfram, p. 174.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Predecesor:
Walia
Rei dos visigodos
418451
Sucesor:
Turismundo