tvG2
canle de TV pública de Galicia
(Redirección desde «TVG2»)
A tvG2[1], ata setembro do 2009 chamada G2, é a segunda canle de televisión da Corporación de Radio-Televisión de Galicia.
tvG2 | |
---|---|
Inicio das emisións | 2 de febreiro de 2009 (15 anos) |
Operado por | TVG |
Propiedade de | CRTVG |
Formato da imaxe | 720p HDTV |
Datos de audiencia | 0,9% (Xullo de 2013, VerTele) |
Slogan | A outra galega |
País | Galicia |
Lingua | Galego |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | Santiago de Compostela |
Nome(s) anterior(es) | G2 (Febreiro - setembro do 2009) |
Canle/s irmá(s) | TVG TVG Europa TVG América |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 25 (A Coruña) 40 (Santiago) 59 (Lugo) 50 (Ourense) 58 (Pontevedra) |
Cable | |
R | Dial 118 |
Televisión por Internet | |
TVG á carta | TVG á carta |
Na rede
| |
Páxina web da CRTVG |
Características
editarA súa programación de luns a venres está enfocada a un público infantil e xuvenil, e ten tamén espazos culturais e de divulgación. A fins de semana céntrase no ámbito deportivo, incluíndo retransmisións da Primeira RFEF, da Segunda RFEF, da Terceira RFEF, da Liga Galega de Traiñeiras, da Liga ACT e do Campionato Mundial de Motocrós entre outras.
A canle emite só en TDT as 24 horas do día, desde que o 14 de setembro de 2009 se presentase a nova grella de programación, na que a G2 é unha canle con programación completa. A súa cota de pantalla é do 0,8%.
En setembro do 2009 a canle cambiou o seu nome de G2 a tvG2.