Shahada
A Shahada, tamén Šehadet (en árabe: الشهادة aš-šahādah escoitar (axuda · info)), significa "coñecer e crer sen sospeita, como testemuña"; é o nome do credo islámico. A Shahadah é a declaración da crenza musulmá nun só Deus (tawhid) e a aceptación de Mahoma como o seu profeta. A declaración sunnita di:
- لا إله إلا الله محمد رسول الله lā ʾilāha ʾillallāh, Muḥammad rasūlu-llāh (en árabe)
- Non hai divindade senón Deus, e Mahoma é o seu profeta. (en galego)
Na tradición dos musulmáns xíitas,[1] engádese "وعليٌ وليُّ الله" (wa ʿAli-yyun wali-yyu-llāh), é dicir: "Alí é o wali (vicexerente) de Deus", aínda que os estudosos xíitas non o consideran obrigatorio.
Recitación
editar- Texto árabe: أشهد أن لا إله إلا الله و أشهد أن محمد رسول الله
- Romanización: ʾašhadu ʾan lā ʾilāha ʾilla (A)llāh, wa ʾašhadu ʾanna Muḥammada(n) rasūlu (A)llāh
Unha soa recitación honesta da Shahada en árabe é todo o preciso para converterse ao islam de acordo coa meirande parte das escolas tradicionais (madhab). No uso común da Shahada, a utilización de ašhadu ʾanna (ou semellante), é dicir "eu testifico que..." ou "son testemuña de..." adoita ser omitida.
Notas
editar- ↑ "The Origin of the Sunni/Shia split in Islam". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2007. Consultado o 04 de marzo de 2011.