STS-4
misión do transbordador espacial Columbia
STS-4 foi a cuarta e última misión de probas do transbordador espacial Columbia, lanzada o 27 de xuño de 1982 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-4 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-4 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 27 de xuño de 1982, 15:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 7,05 días[6] |
Obxectivo da misión | Cuarto voo de probas do Columbia.[3][6] |
Regreso | 4 de xullo de 1982[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1982-065A |
Características
editarSTS-4, tripulada por Thomas K. Mattingly (comandante) e Henry W. Hartsfield (piloto), foi lanzada como cuarta misión de probas do transbordador. Levaba a bordo unha carga clasificada do Departamento de Defensa e varios experimentos, entre eles os primeiros experimentos comerciais no espazo, como o experimento de electroforese CFES, o MLR, o de contaminación IECM, e dous experimentos deseñados por estudantes.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 4 de xullo de 1982.[3][5][6][7]
Notas
editar- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 4 (OFT-4)" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 26 August 1982 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-25123). 23 de setembro de 1982: 2. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 4" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-4 / OFT-4" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-4" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-4" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-4 |