Supernova
Supernova é o nome dado a diferentes tipos de explosións de estrelas, que producen obxectos extremadamente brillantes, os cales declinan ata se tornaren invisíbeis pasadas algunhas semanas ou meses. En apenas algúns días o seu brillo pode se intensificar en millóns de veces a partir do seu estado orixinal, mais co pasar do tempo a súa temperatura e brillo diminúen ata chegaren a un grao inferior aos primeiros.
A explosión dunha supernova pode expulsar ao espazo ata o 90% da materia dunha estrela. A materia restante, extremadamente densa, dará orixe a unha anana branca, clase de estrelas na cal a materia atópase “dexenerada”, ou sexa, os átomos esmagáronse e os seus electróns caeron sobre os núcleos.
Ocorrencia
editarPor ser un fenómeno relativamente raro nunha galaxia, as supernovas catalóganse segundo o ano e a orde da ocorrencia, ás veces inmediatamente cando a lámina de luz chega á Terra como foi o caso da supernova de 1987 Shelton Sn 1987A. Se tivese habido outra ese ano debería ser Sn 1987 B; como ata agora en ningunha chapa fotográfica houbo rexistro doutra ocorrencia nese ano, quer nesa ou noutra galaxia, fica dispensada a letra A.
Na nosa propia galaxia, observáronse con seguridade, ata agora, 4 supernovas: en 1054, formadora da actual Nebulosa do Cangrexo (SN 1054), 1572, observada por Tycho Brahe,[1] 1604, observada por Kepler (supernova de Kepler), e en 1987 (Supernova 1987A).[2] Antes diso non houbo ningún rexistro fiable. E alén destas tres, parece que houbo cerca de 11 supernovas que estouparon na Vía Láctea nos últimos 20 000 anos, sempre en lugares inobservábeis debido á poeira interestelar.
Diante deses números e o observado en todo o universo, calcúlase que ocorran, en media, 3 supernovas por milenio en cada lado de galaxia (só vemos un lado) que teña 200 000 000 000 de estrelas, comparando co número de estrelas que forman unha galaxia os cosmólogos poden estimar algúns valores como a idade das galaxias e mais a idade do universo observábel. Compárese este número coa media de 30 000 novas comúns no mesmo período. Ou sexa, para cada 10 000 novas hai unha supernova.
Como existen cerca de 3 supernovas por milenio / galaxia, e como se estima en 15 000 millóns de anos a idade do Universo, talvez leva habido cerca de 45 millóns de explosións de supernovas na nosa propia galaxia.
Notas
editar- ↑ Krause, Oliver; Tanaka, Masaomi; Usuda, Tomonori; Hattori, Takashi; Goto, Miwa; Birkmann, Stephan; Nomoto, Ken'ichi (2008-12). "Tycho Brahe's 1572 supernova as a standard type Ia explosion revealed from its light echo spectrum". Nature 456 (7222): 617–619. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature07608.
- ↑ Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |