Rodrigo Ovéquiz
Rodrigo Ovéquiz [1][2][3][4][5][6][7] (ás veces escrito Rodrigo Ovéquez[8] e mesmo Rodrigo Ováquiz[9]), conde de Lugo e autoproclamado conde de Galiza[10], foi un importante persoeiro na Galiza do século XI, na que foi líder da nobreza local e sostén do rei García II de Galicia. Fillo de Oveco Bermúdez e Elvira Suárez[11], sublevouse co seu pai e co bispo de Santiago de Compostela, Diego Peláez, contra Afonso VI de León. A revolta fracasou e o monarca confiscoulle os bens e desterrouno. Casou con Toda González.[12]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI |
Morte | século XII |
Conde de Galicia | |
Conde de Lugo | |
Conde Magno | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | García II de Galicia |
Outro | |
Título | Conde |
Pais | Oveco Bermúdez e Elvira Suárez |
Irmáns | Vela Ovéquiz Bermudo Ovéquiz |
Traxectoria
editarFoi neto de Bermudo Vélaz e fillo do conde Oveco Bermúdez [13] e de Elvira Suárez e irmán de Bermudo Ovéquiz e Vela Ovéquiz. Conde polo menos desde 1063.[10] En 1073 rebélase, xunto cos seus irmáns, contra o rei Afonso VI, que apresara, había pouco, o seu irmán o rei García. En 1075 autoproclámase comes Galletiae (conde de Galiza).[10][a] Xunto con Diego Peláez, bispo de Santiago de Compostela lidera unha revolta contra o rei Afonso VI de León en 1085, a última das grandes (e entón frecuentes) revoltas da nobreza galega, segundo algúns historiadores para ofrecerlle a coroa do reino de Galiza a Guillerme o Conquistador, rei de Inglaterra.[1][14]
Pois os seus inimigos [de Diego Peláez], movidos polos celos da envexa, dixeron que tentaba entregar o reino de Galiza ó rei dos ingleses e normandos e tirarllo ó rei dos hispanos. Se isto, divulgado por tódolos lugares, foi certo ou non, non é agora o noso asunto. —Historia Compostelá (séc. XII) [15]
|
Segundo outros, o obxectivo sería liberar o rei García e casalo cunha filla de Guillerme o Conquistador.[16][17][18]
Sexa como for, Ovéquiz asaltou Lugo, asasinou a Ordoño, meiriño do rei,[5] e ocupou o castelo nos arredores da cidade e mesmo chegou a se facer con gran parte de Galiza.[2] A rebelión dos Ovéquiz é un dos máis importantes acontecementos políticos do reinado de Afonso VI que se producen en Galiza. Parece que o enfrontamento destes magnates co bispado de Lugo é o fenómeno que desencadea a guerra.[6][b] Tras seren derrotados, o conde e os seus seguidores foron desterrados a Zaragoza, baixo a protección do rei mouro Mostain,[5] ou Almostain, de onde volveron para unha nova sublevación.[2] A rebelión foi finalmente sufocada en 1088 e Rodrigo enviado ao exilio e os seus bens adxudicados á catedral de Lugo. Consérvase un documento de 1089 no que Rodrigo Ovéquiz fai unha importante doazón ao bispo Amor. O documento pode ser considerado como unha agnitio in veritate, ou declaración de culpabilidade, de Rodrigo, quen entrega, suponse, tódalas propiedades en litixio á sé.[6] En 1090 reaparece en Galiza doando varias posesións á igrexa de Lugo.[20]
Coa súa rebelión, levou a que o rei Afonso VI decidise repartir o territorio de Galiza entre súas dúas fillas e xenros: a Urraca e Raimundo de Borgoña deulles as terras ao norte do río Miño) e a Teresa e Henrique de Borgoña as terras ao sur do Miño, que se fixeron independentes 50 anos despois, creando o Reino de Portugal.[21]
Notas
editar- ↑ Xunto co seu irmán Vela Ovéquiz tamén se han denominar nun documento de 1082 Duo comites magni.[10]
- ↑ En 1078, Rodrigo e o seu irmán Vela Ovéquiz preitearon contra o bispo de Lugo, Vistrario, cun resultado desfavorábel: tiveron que renunciar á posesión de bastantes herdades lucenses, sendo acusados de se apropiar delas durante o reinado de García.[19]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 López Carreira, A. (2013). Historia de Galicia Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., p. 132: "No ano 1087 o conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo Diego Páez pretendían entronizar en Galiza a Guillerme o Conquistador, rei normando de Inglaterra, en contra de Afonso VI.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 López Ferreiro 1995, p. 156.
- ↑ "Rodrigo Ovéquiz". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 497. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ "Rodrigo Ovéquiz". Diccionario enciclopédico galego universal 53. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 64. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Martínez Risco, Vicente (1971) [1952]. Historia de Galicia. p. 84.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Isla Frez, A (1992). La sociedad Gallega en la alta Edad Media.
- ↑ Breve Historia de Galicia (cómic), p. 26, 1984, José Antonio Parrilla García, Caixa Galicia, ISBN 84-85620-08-9.
- ↑ Tejada, Francisco E. de (1966) El Reino de Galicia hasta 1700, p. 56, Galaxia (en castelán).
- ↑ González López, E. (1980), Historia de Galicia, p. 71, 1980, La Voz de Galicia, ISBN 8485287223 (en castelán).
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Estudios genealógicos y heráldicos, Volumen 1 (en castelán). 1985. p. 43.
- ↑ López Ferreiro 1995, p. 155.
- ↑ Fernández de Viana, José Ignacio (2009). Colección diplomática do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón (PDF). CCG. p. 22. ISBN 978-84-96530-95-9.
- ↑ "Oveco Bermúdez". Diccionario enciclopédico galego universal 46. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 114. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 177.
O Rei de Castela [Afonso VI] alegóu contra o bispo de Iria (Compostela) o crime de que tratara de entregar o reino de Galicia a Guillermo o Conquistador.
- ↑ Falque Rey, Emma (1994) [séc. XII]. Historia compostelana (en castelán). Akal. p. 299.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1988). The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VI, 1065-1109 (PDF) (en inglés). Princeton University Press. p. 6. ISBN 0691055157.
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 176.
- ↑ Armesto, Victoria (1969). Galicia feudal. Galaxia. p. 143.
- ↑ Gambra Gutierrez 2010, p. 272.
- ↑ Pardo de Guevara, Eduardo. "Rodrigo Ovéquiz". Real Academia de la Historia. Consultado o 03-09-2018.
- ↑ Calleja Puerta, Miguel. "Nacimiento de la frontera: El destierro portugués del conde asturiano Gonzalo Peláez" (en castelán). Revista da Faculdade de Letras. História, s. II, v. 15, nº 1. 1998. p 213-227. UP.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1976). "Historia política". Los Gallegos (en castelán). Akal. ISBN 84-7090-006-4.
- Benito Ruano, Eloy (2004). ¿Galicia por Guillermo el conquistador?. Anuario de estudios atlánticos (en castelán) (Cabildo Insular de Gran Canaria). pp. 213–217. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- Gambra Gutierrez, A. (2010). Alfonso VI: Imperator totius orbis Hispanie (en castelán). pp. 271–273. ISBN 978-84-92948-45-1.
- González López, E. (1980). Historia de Galicia (en castelán). La Voz de Galicia. p. 71. ISBN 8485287223.
- Isla Frez, Amancio (1992). La sociedad Gallega en la alta Edad Media (en castelán). CSIC. ISBN 84-00-07215-4.
- López Alsina, F.: «Biografía de Diego Pelaez» en Villares (dir.) (1991), Historia de Galicia, v. 1, p. 247, Faro de Vigo, ISBN 84-404-9520-X (en castelán).
- López Carreira, A. (2013). Historia de Galicia Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., p. 132, Edicións Xerais de Galicia, ISBN 978-84-9914-532-7.
- López Ferreiro, A. (1995) [1900]. Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela (en castelán). pp. 155–158, 166. ISBN 9785881964634.
- Martínez Risco, Vicente (1971) [1952]. Historia de Galicia. Manuales Galaxia (en castelán). Editorial Galaxia. p. 84.
- Salas Merino, Vicente (2014). Tenencia, Señorío y Condado de Lemos. Visión Libros. ISBN 978-84-16284-00-9.
- Tejada, Francisco Elías de (1966). El Reino de Galicia hasta 1700 (en castelán). Editorial Galaxia. p. 56.
Outros artigos
editar- Diego Peláez
- Suero Bermúdez (sobriño)
Rodrigo Ovéquiz
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por ?
|
Conde de Galiza 1075–1088 |
Sucedido por Raimundo de Borgoña |
Ligazóns externas
editar- "De paseo polo Panteón dos Reis" CCG. 22/7/2004.
- Anta, Julio: "Alfonso VII, de rey de Galicia a "emperador" de Castilla y León" fiestras.com (en castelán).