Provincia da Pampa

A provincia da Pampa[1][2] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 316.940 habitantes (2010) e a súa capital é Santa Rosa. Limita ao oeste coa provincia de Mendoza, ao sur co río Colorado que a separa da provincia de Río Negro, ao leste coa de Buenos Aires e ao norte con San Luis e Córdoba. Os límites das provincias da Pampa, Río Negro, Mendoza e Neuquén, atópanse nun punto, na intersección do río Colorado coa traza errónea do meridiano X Oeste de Buenos Aires (68º 15' O).

Modelo:Xeografía políticaProvincia da Pampa
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°37′S 64°17′O / -36.62, -64.28
EstadoArxentina Editar o valor en Wikidata
CapitalSanta Rosa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Atreucó (pt) Traducir
Caleu Caleu (departamento) (pt) Traducir
Capital (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación361.859 (2022) Editar o valor en Wikidata (2,52 hab./km²)
Xeografía
Superficie143.440 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude279 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro Negro (Argentina, La Pampa) (en) Traducir (1.120 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación20 de xullo de 1951 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Governor of La Pampa Province, Argentina (en) Traducir Editar o valor en WikidataSergio Raúl Ziliotto (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLa Pampa Chamber of Deputies (en) Traducir , (Escano: 30) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AR-L Editar o valor en Wikidata

Páxina weblapampa.gob.ar Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5352051

Trátase dunha das provincias máis novas do país, xa que foi recoñecida politicamente en 1952. Até ese ano foi un Territorio Nacional (Territorio Nacional da Pampa), que debido á lei Nº 14037 sancionada na cámara de deputados, o Territorio Nacional da Pampa, xunto ao Territorio Nacional del Chaco transformáronse en provincias pola promulgación de Juan Domingo Perón (entón presidente da Arxentina).

Sitúase no centro do país, contendo as últimas características da pampa húmida (cara ao noroeste), con signos distintivos da Patagonia cara ao oeste e sur, e entre eles unha gran franxa con orientación noroeste-sueste denominada «caldenal», zona que alberga bosques de caldén, unha árbore que conta nesta provincia co seu centro de dispersión mundial.

Goberno

editar

División administrativa

editar

A provincia atópase dividida en 22 departamentos, 58 municipios, 21 comisións de fomento e un ente comunal. Os municipios e comisións de fomento son independentes dos departamentos e en xeral abarcan territorios de máis dun, chegando nun caso a catro.

 
División administrativa da provincia da Pampa e a súa capital.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pampeiro.
  2. Gran dicionario século21 da lingua galega. Editorial Galaxia. 2006. p. 1440. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar