O termo prefectura (do latín præfectura) foi usado para denominar unha estrutura administrativa e de goberno dun territorio, que dependía dun prefecto (præfectus).

Imperio romano

editar

Hai diversidade de opinións sobre o emperador que estableceu este sistema. Se ben, tradicionalmente, admítese que aínda que foi Diocleciano quen máis estruturou o sistema administrativo no que as cidades se agrupaban en provincias e, estas en dioceses, foi o emperador romano Constantino I, quen creou agrupou as dioceses en Prefecturas,[1] establecendo entre 3 e 5.[2]

Os prefectos perderon as anteriores competencias de tipo militar e se converteron en auténticos funcionarios que ostentaban, por delegación imperial, o poder administrativo (control de prezos, realización e coidado das infraestruturas, mantemento das calzadas), financeiro (fixacións dos impostos e control da súa recadación) e xudicial (unha lei do 331, prohibiu apelar as súas resolucións) nas súas prefecturas.[3] Amais diso, controlaban a actividade dos cargos xerarquicamente inferiores como os vigairos das dioceses e os gobernadores das provincias que estaban baixo a súa dependencia.

Cara o 320, existían 4 prefecturas: Oriente, Galias, Italia e Ilírico.[4]

  1. "Organización provincial y municipal de Hispania". juspedia.es (en castelán). 26 de setembro de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  2. Jerphagnon (2007), p. 589
  3. Roldán Hervás (2005), p. 458
  4. Montero, Bravo e Martínez-Pinna (1991), p. 385

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Jerphagnon, Lucien (2007). Historia de la Roma antigua (en castelán). (tradución de Ana Herrera). Barcelona: Edhasa. ISBN 9788435026635. 
  • Montero, Santiago; Bravo, Gonzalo; Martínez-Pinna, Jorge (1991). El Imperio romano (en castelán). Madrid: Visor Libros. ISBN 978-84-7522-497-8. 
  • Roldán Hervás, José Manuel (2005). Historia de Roma. Colección: Historia Salamanca de la antigüedad (en castelán). Salamanca: Edicións Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-823-0.