Pilar Allegue
Pilar Allegue Aguete, nada na Coruña en 1946[1], é unha filósofa, escritora e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Obra | |
Doutorando | Xosé Manuel Pacho Blanco |
Familia | |
Cónxuxe | Vicente Vázquez Diéguez |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarEstudou dous anos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, pero trasladouse a Madrid onde se licenciou en Filosofía e Letras, sección Filosofía, na Universidade Complutense de Madrid en 1968. Foi profesora nunha filial do Instituto Isabel la Católica de Madrid.
En 1973 instalouse en Pontevedra, onde foi concelleira logo das eleccións municipais de 1979 polo Bloque Nacional Popular Galego. Impartiu clases na UNED. En 1983 obtivo unha praza na Universidade de Vigo na que é profesora de Filosofía do dereito. É doutora en Filosofía pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade Complutense de Madrid (1990). Colaborou en Festa da Palabra Silenciada e Política Gallega.
Obras
editar- A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento, 1993.
- Elementos etimológicos según el método de Euclides (editora), 1997.
- Martín Sarmiento, un intelectual ilustrado, 2001.
- Frei Martín Sarmiento, 2001.
Notas
editar- ↑ Elena Larriba (2009-08-01). "«Eu son do subsolo do Bloque e sempre que me chaman estou»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-01.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarLigazóns externas
editar- Larriba, Elena. «Eu son do subsolo do Bloque e sempre que me chaman estou», La Voz de Galicia, 1/8/2009.
- Pilar Allegue na páxina web do proxecto Do Gris ao Violeta.