Permeabilidade magnética
En física chámaselle permeabilidade magnética á capacidade dunha substancia ou medio para atraer e facer pasar ó seu través campos magnéticos. Así pois, permeabilidade magnética mide a habilidade dun material para soportar a formación dun campo magnético no seu interior. Polo tanto, é o grao de magnetización que un material consegue en resposta dun campo magnético aplicado.
Vén dada pola relación entre a indución magnética existente e a intensidade do campo magnético que aparece no interior do material. O termo foi usado en setembro de 1885 por Oliver Heaviside. A magnitude recíproca da permeabilidade magnética é a reluctancia magnética.
En unidades do SI, a permeabilidade mídese en Henrios por metro (H/m ou H·m−1), ou Newtons por Amperios ó cadrado (N·A−2).
A magnitude así definida, o grao de magnetización dun material en resposta a un campo magnético, é a permeabilidade absoluta e represéntase polo símbolo (letra grega) μ:
onde B é a indución magnética (densidade de fluxo magnético) no material, e H a intensidade do campo magnético.
Para o baleiro, µ0 = 4π × 10−7 H·m−1 ≈ 12.57 × 10−7 H·m−1 ou N·A−2 ou .
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |