Península de Kola
A Península de Kola (en saami setentrional: Guoládat; en ruso: Ко́льский полуо́стров, Kolsky poluostrov) é unha península que se atopa no norte da Rusia europea, no oblast de Múrmansk. Limita ao norte co mar de Barents e ao leste e ao sur co mar Branco.
Tipo | península | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Fenoscandia | |||
Localización | ||||
División administrativa | Óblast de Múrmansk, Rusia | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Barents, Mar Branco, Imandra (en) , Kola (en) e Niva (en) | |||
Características | ||||
Superficie | 100.000 km² | |||
A fronteira occidental da península de Kola esténdese ao longo do meridiano desde o golfo de Kola a través do lago Imandra, o lago Kola e o río Niva ata o golfo de Kandalaksha. A península cobre unha área de máis de 100.000 km². A costa setentrional elévase abruptamente desde o nivel do mar, mentres que a meridional é practicamente chá. Ao oeste da península atópanse dúas cordilleiras: as montañas Khibinys e a tundra de Lovozero.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |