Partido Nacionalista Vasco

Partido político vasco
(Redirección desde «PNV»)

O Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (en España) ou Euzko Alderdi Jeltzalea - Parti Nationaliste Basque (EAJ-PNB) (en Francia), é un partido político do País Vasco de ideoloxía nacionalista vasca.

Euzko Alderdi Jeltzalea (EAJ)
Partido Nacionalista Vasco (PNV)
Parti Nationaliste Basque (PNB)
Partido político do País Vasco
Dirixentes e organización
LíderAndoni Ortuzar
(Presidente do EBB)
MocidadesEuzko Gaztedi Indarra
Representación
Parlamento vasco
27 / 75
Congreso dos Deputados
5 / 350
Senado
5 / 208
Parlamento Navarro
2 / 50
(dentro de Geroa Bai)
Na rede
http://www.eaj-pnv.eus
Facebook: eajpnv Twitter: eajpnv Inguma: eusko-alderdi-jeltzalea-eaj Editar o valor en Wikidata

Foi fundado en 1895 por Sabino Arana Goiri, influído polo seu irmán Luis Arana. É o terceiro partido político español actual máis antigo (despois do Partido Socialista Obrero Español e o Partido Carlista) e foi o primeiro partido nacionalista vasco.

Seguindo a terminoloxía do seu fundador, os seus membros chámanse jelkides ou jeltzales e as súas sedes batzokis.

"Euzko Alderdi Jeltzalea" significa "Partido Vasco de partidarios do JEL" (sendo "JEL" un acrónimo de Jaungoikoa Eta Lagizarrak (Jaungoikoa Eta Lege Zaharrak en éuscaro normativo actual), que significa en galego: Deus e Leis Vellas en referencia aos foros (ver Jeltzale e jelkide). "Euzko" mantense coa grafía antiga (a moderna é "Eusko") como respecto á tradición, xa que así a escribía Sabino Arana. Polo mesmo motivo, nos batzokis mantense escudos coa grafía "Euzkadi".

Historia

editar

Catro fases na historia do PNV

editar
  • (1895-1921): O PNV foi fundado por Sabino Arana Goiri, considérase a data da súa fundación o 31 de xullo de 1895 cando se elixiu ao Bizkai Buru Batzar. Nunha primeira etapa, o PNV é un partido limitado ao ámbito territorial de Biscaia. Nesta fase ideolóxica, o fundador chama ao seu movemento bizkaitarrismo. A súa obra clave leva por título Biscaia pola súa independencia. É nas eleccións ás deputacións de 1917 cando o partido acada implantación en Áraba, Guipúscoa e Navarra.
  • (1921-1937): En 1921 o partido afronta a súa primeira gran división, que se reconduce pouco antes da chegada da Segunda República Española.
  • (1937-1975): Coa chegada da guerra, o PNV alíase coa Fronte Popular e defende, pese á súa maior afinidade nalgúns puntos da súa ideoloxía co bando sublevado, a República que garante a Euzkadi un estatuto de autonomía. A súa participación militar na guerra remata co Pacto de Santoña, no cal os nacionalistas vascos pactan, ás costas da República, a rendición cos militares italianos que axudaban ao bando nacional trala perda de todo o territorio vasco, considerando que non pagaba a pena xa involucrarse nunha guerra entre españois. Destaca a figura do primeiro lehendakari: José Antonio Aguirre.
  • (1975-2005): O PNV e o Goberno de Euskadi no exilio. Regreso á democracia (1977), Consello Xeral Vasco. O PNV no Goberno (1980-1986). Gobernos de coalición co Partido Socialista de Euskadi. Pacto de Ajuria-Enea. Pacto de Estella.

O PNV e as súas escisións

editar

A historia do PNV está definida polo feito de manterse fiel a un modelo de partido de comunidade no que tradicionalmente ten existido unha tendencia ortodoxa fiel aos principios do fundador e outra de carácter máis posibilista. Os nomes de ditos sectores foron cambiando co tempo e teñen dado lugar a diversas escisións, sendo as máis destacábeis:

  • Escisión de 1921, na cal o partido chegou a perder o seu nome e quedou dividido nunha maioría que fundou Comuñón Nacionalista Vasca e a mocidade da Euzko Gaztedija que eran coñecidos pola súa editorial Aberri (en éuscaro: patria). A Comuñón Nacionalista Vasca estaba liderada polo nacionalismo da burguesía vasca, na que se reflectía o seu pensamento no empresario dos estaleiros Euskalduna, Ramón de la Sota. A corrente de Aberri baseábase en xente nova descontenta coa dirección que tomaba o partido, máis liberal e menos nacionalista, renunciando a toda política con fin de obter a emancipación política do pobo vasco. Aberri procuraba volver ás orixes do partido e ás teses independentistas de Sabino Arana. Esta corrente estaba liderada por Eli Gallastegi, que finalmente fixo rexurdir as siglas do PNV, que contou coa anuencia e apoio de Luis Arana. Ambas as dúas correntes rematarían por reunificarse de novo no 1930.
  • Despois da reunificación das dúas correntes, en 1932 deu lugar a Acción Nacionalista Vasca, un partido independentista de esquerdas, que non estaba de acordo coa refundación do PNV por parte deses outros dous sectores máis conservadores.
  • Escisión dentro da súa organización xuvenil Euzko Gaztedi Indarra (EGI) que deu lugar á aparición de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos cincuenta. Á súa vez, ETA iríase dividindo en varias organizacións políticas e grupos terroristas.
  • Escisión de 1986, que deu lugar a un novo partido de carácter máis socialdemócrata e partidario nas súas primeiras fases da autodeterminación e na actualidade de carácter independentista: Eusko Alkartasuna (en galego: Solidariedade Vasca).

O PNV hoxe

editar

O actual presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do partido) é Iñigo Urkullu, que sucedeu en 2007 ao anterior presidente, Josu Jon Imaz. Logo da dimisión de Juan José Ibarretxe trala perda da lehendakaritza en 2009, ocupa o liderado da oposición política en Euscadi. Gobernou a comunidade autónoma do País Vasco a maior parte do tempo dende 1980, en solitario no período (1980-1986) e a través de diversos pactos dende entón. Na lexislatura 2001-2005, o jelkide Juan José Ibarretxe presidiu un goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Ezker Batua-Berdeak. Nas eleccións de 2005 presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna, e obtivo unha maioría simple que lle permitiu seguir no goberno.

Goberna as deputacións forais de Guipúscoa e Biscaia, así como o concello de Bilbao e gran parte dos municipios da comunidade autónoma. Posúe grupos parlamentarios no Congreso e no Senado. Tamén ten unha pequena representación en Navarra —sobre todo en concellos da zona limítrofe con Guipúscoa—, no Parlamento Navarro e no Congreso dos Deputados a través das coalicións nacionalistas Nafarroa Bai e Geroa Bai, respectivamente.

Correspóndelle tamén un dos escanos obtidos pola coalición Galeusca no Parlamento Europeo.

Anualmente, o último domingo de setembro celebra o Día do Partido (chamado Alderdi Eguna).

Presidentes do PNV

editar

Organización interna

editar

O PNV ten unha estrutura que funciona a tres niveis: municipal, rexional ou territorial e nacional, separando a súa representación pública dos seus organismos internos. Existen 233 organizacións municipais, cun total de máis de 25 000 afiliados.

A implantación social do partido refórzase cos batzokis, as sedes sociais do PNV. O primeiro deles inaugurouse o 14 de xullo de 1894 na zona antiga de Bilbao, un ano antes da constitución formal do PNV como partido. Hoxe en día hai case 200 batzokis repartidos por todo o mundo. En febreiro de 2007 inaugurouse o seu "Batzoki Virtual" (e-batzokia) que foi a sede social número 176 do PNV.

O órgano executivo do PNV, o Euzkadi Buru Batzar (EBB), está presidido por Andoni Ortuzar. O EBB componse ademais dos presidentes dos consellos rexionais (Biscaia, Itxaso Atutxa; Guipúscoa, Joseba Egibar; Araba, José Antonio Suso; Nafarroa, Unai Hualde; Iparralde, Pako Arizmendi) e oito burukides (membros do consello) elixidos pola Asemblea Nacional de entre os propostos polas asembleas territoriais. Os consellos rexionais, compostos de entre 10 e 15 membros son o Bizkai Buru Batzar (BBB) en Bizcaya, o Gipuzko Buru Batzar (GBB) en Guipúscoa, o Araba Buru Batzar (ABB) en Álava, o Napar Buru Batzar (NBB) en Navarra e o Ipar Buru Batzar (IBB) do País Vasco francés. Ademais, existen cinco órganos executivos independentes destes en Madrid, Barcelona, Venezuela e Arxentina.

  • A organización xuvenil do PNV é Euzko Gaztedi Indarra (EGI), fundada no 1904.
  • O PNV creou en 1911 o seu propio sindicato, "Solidariedade de Traballadores Vascos" (ELA-STV), se ben na actualidade este xa non se encontra ligado organicamente á formación.
  • No 1988 constituíuse a Fundación Sabino Arana, centrada no coñecemento da historia do nacionalismo vasco, así como a súa preservación e divulgación.

Resultados electorais

editar

Eleccións ao Parlamento Vasco

editar
Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2016 Iñigo Urkullu 28 parlamentarios 37,33% 1 397 664 37,66% 12 888
2012 Iñigo Urkullu 27 parlamentarios 36% 3 384 766 34,61% 11 791
2009 Juan José Ibarretxe 30 parlamentarios 40% 8 396 557 38,56% 71 560
(Respecto á coalición con EA)
2005 Juan José Ibarretxe
(Coalición con EA)
22 parlamentarios
(Contando aos de EA, 29)
29,3% 4 468 117 38,67% 136 105
2001 Juan José Ibarretxe
(Coalición con EA)
26 parlamentarios
(Contando aos de EA, 33)
34,7% 5 604 222 42,7% 145 265
(Respecto a PNV+EA)
1998 Juan José Ibarretxe 21 parlamentarios 28% 1 350 322 28,01% 45 976
1994 José Antonio Ardanza 22 parlamentarios 29,3% 0 304 346 29,84% 14 645
1990 José Antonio Ardanza 22 parlamentarios 29,3% 5 289 701 28.49% 18 493
1986 José Antonio Ardanza 17 parlamentarios 22,7% 15 271 208 23,71% 179 970
1984 Carlos Garaikoetxea 32 parlamentarios 42,7% 7 451 178 42,01% 102 076
1980 Carlos Garaikoetxea 25 parlamentarios 41,7% 25 349 102 38,1% 349 102

Eleccións ao Parlamento Europeo

editar
Ano Candidatura Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2009 Coalición por Europa 2 eurodeputados 4% 0
802 225 5,12% 3 409
2004 Galeusca - Pobos de Europa 2 eurodeputados 3,7% 0
798 816 5,15% 184 848
1999 Coalición Nacionalista - Europa dos Pobos 2 eurodeputados 3,13% 0
613 968 2,9% 95 436
1994 Coalición Nacionalista 2 eurodeputados 3,13% 1 518 532 2,7% 215 494
1989 Coalición Nacionalista 1 eurodeputado 1,67% 1 303 038 1,91% 76 468
1987 Unión Europeísta - Europar Batasuna 0 eurodeputados 0% 2a 226 570 1,18% 226 570
  • a) Antes tiña 2 designados ao integrarse España na UE.

Eleccións ás Cortes Xerais

editar
Comicios n° de votos % de
votos
Deputados Senadores Notas
1931 127 800 1,50
7 / 470
- Xunto a Comuñón Tradicionalista.
1933 183 000 2,14
11 / 472
-
1936 150 100 1,59
9 / 473
-
1977 296 193 1,62
8 / 350
4 / 248
Frente Autonómico, polo Senado.
1979 296 597 1,65
7 / 350
8 / 264
1982 395 656 1,88
8 / 350
7 / 264
1986 309 610 1,53
6 / 350
7 / 264
1989 254 681 1,24
5 / 350
4 / 264
1993 291 448 1,24
5 / 350
3 / 264
1996 318 951 1,27
5 / 350
4 / 264
2000 353 953 1,53
7 / 350
6 / 264
2004 420 980 1,63
7 / 350
6 / 264
2008 306 128 1,19
6 / 350
2 / 264
2011 324 317 1,33
5 / 350
4 / 264
2015 302 316 1,20
6 / 350
6 / 266
2016 287 014 1,19
5 / 350
5 / 266
abril de 2019 394 627 1,51
6 / 350
9 / 208
novembro de 2019

Eleccións municipais

editar
Eleccións N° Votos % votos Concelleiros Notas
1979 354 925 37,75 1082
1983 392 406 39,45 1257
1987 240 293 22,45 816
1991 297 816 30,15 984
1995 310 659 28,36 996
1999 397 580 34,69 1135 En coalición con Eusko Alkartasuna (EA).
2003 498 473 44,54 1602 En coalición con Eusko Alkartasuna (EA).
2007 308 877 31,80 1029
2011 327 100 30,74 882
2015 359 920 33,77 1017

Eleccións ao Parlamento de Navarra

editar
Comicios Candidatura Candidato principal do PNV N° Votos % votos Escanos Notas
1979 Nacionalistas Vascos Manuel de Irujo 12 845 5,06
3 / 70
Coalición con EE, ESEI e PTE, que só se presentou na proximidade de Pamplona e obtivo tres parlamentarios, todos do PNV.
1983 PNV Iñaki Cabasés 18 169 6,88
3 / 50
1987 PNV Vicente Arocena[1] 2 661 0,96
0 / 50
1991 PNV José Antonio Urbiola[2] 3 071 1,13
0 / 50
1995 Nacionalistas de Navarra José Antonio Urbiola[3] 2 943 1,01
0 / 50
1999 Coalición EA-PNV José Antonio Urbiola[4]
(número 6)
0 / 50
Coalición con Eusko Alkartasuna (EA), que obtivo 3 parlamentarios.
2003 Coalición EA-PNV José Luis Echegaray[5]
(número 3)
1 / 50
Coalición con un do PNV).
2007 Nafarroa Bai José Ángel Aguirrebengoa[6]
(número 8)
1 / 50
Coalición con Aralar, Eusko Alkartasuna (EA), Batzarre e independentes, que obtivo doce parlamentarios (un do PNV).
2011 NaBai-2011 Manuel Ayerdi[7]
(número 4)
1 / 50
Coalición con Aralar e independentes, que obtivo oito escanos (un do PNV).
2015 Geroa Bai Manuel Ayerdi
(número 2)
4 / 50
Coalición con Zabaltzen, que obtivo nove escanos (catro do PNV).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar