León XIII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
León XIII, nado como Vincenzo Gioacchino Pecci en Carpineto Romano (provincia de Roma, Italia) o 2 de marzo de 1810 e finado en Roma o 20 de xullo de 1903), foi un eclesiástico católico latino italiano, 256º Papa da Igrexa católica dende o 20 de febreiro de 1878 até o seu pasamento.
(1878) | |
Nome orixinal | (la) Leo PP. XIII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Gioacchino Vincenzo Raffaele Luigi Pecci 2 de marzo de 1810 Carpineto Romano (Primeiro Imperio Francés) |
Morte | 20 de xullo de 1903 (93 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán Tomb of Leo XIII (en) |
256º Papa | |
20 de febreiro de 1878 – 20 de xullo de 1903 ← Pío IX – Pío X → | |
Camerlengo da Câmara Apostólica (pt) | |
21 de setembro de 1877 – 20 de febreiro de 1878 ← Filippo De Angelis (pt) – Camillo Di Pietro (pt) → | |
Cardeal | |
19 de decembro de 1853 – 20 de febreiro de 1878 | |
Arcebispo católico | |
27 de xullo de 1846 – 21 de setembro de 1877 ← Carlo Filesio Cittadini (en) Diocese: Arquidiocese de Perugia-Città della Pieve (pt) | |
Bispo diocesano | |
19 de xaneiro de 1846 – 27 de febreiro de 1880 ← Carlo Filesio Cittadini (en) – Federico Pietro Foschi (pt) → Diocese: Arquidiocese de Perugia-Città della Pieve (pt) | |
Apostolic nuncio to Belgium (en) | |
19 de febreiro de 1843 – 27 de xullo de 1846 | |
Arcebispo titular | |
27 de xaneiro de 1843 – Diocese: Damiata (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Cidade do Vaticano (–1903) Bruxelas (1843–1846) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Academia Pontificia Eclesiástica Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1843–), Sacerdote católico de rito romano (1837–1903), escritor, Monseñor, Arcebispo, nuncio apostólico |
Membro de | |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Consagración | Luigi Lambruschini (pt) |
Participou en | |
16 de febreiro de 1878 | conclave de 1878 |
8 de decembro de 1869 | Concilio Vaticano Primeiro |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Pecci (en) |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Domenico Lodovico Pecci e Anna Francesca Prosperi Buzi |
Irmáns | Giuseppe Pecci Giovanni Battista Pecci |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Traxectoria
editarProcedente dunha familia aristocrática do Lacio, ordenouse sacerdote en 1837. Estudou na academia da diplomacia vaticana e foi destinado como nuncio a Bruxelas (1843-46). Logo exerceu como arcebispo de Perugia, de 1846 a 1877, e Pío IX fíxoo cardeal en 1856.
Nos anos seguintes produciuse a unificación italiana (1859-70), que supuxo a liquidación dos Estados Pontificios e o enfrontamento radical entre a Igrexa católica e o Estado liberal (especialmente, o novo Reino de Italia). A postura moderada que mantivo nestes temas o cardeal Pecci converteuno nun candidato idóneo para suavizar as tensións, razón que probablemente influíu na decisión do Colexio Cardenalicio de o elixir papa ó morrer Pío IX en 1878.
O seu longo pontificado significou un achegamento da Igrexa ás realidades do mundo moderno. Fronte ó crecente problema obreiro, creou unha doutrina social da Igrexa que condenaba tanto o socialismo coma o capitalismo liberal, destacando a función social do traballo e da propiedade e propondo un ideal de harmonía entre ambos (encíclica Rerum Novarum, 1891). O realismo político e a habilidade diplomática do papa permitiron poñer fin á hostilidade do réxime imperial alemán cara ós católicos (abandono por Otto von Bismarck da Kulturkampf en 1879 e visita a Roma do emperador Guillerme II en 1888); igualmente, propugnou o fin da confrontación entre a Igrexa francesa e a Terceira República, avalando a participación dos católicos franceses no réxime republicano; pero, en cambio, mantivo o enfrontamento co Estado italiano, insistindo no boicot dos católicos italianos á vida política nacional.
Este papa expediu a Bula Deus Omnipotens o 1 de novembro de 1884[1]. Nesta bula o Pontífice ratifica o privilexio de que se celebre o ano xubilar sempre que o día do Apóstolo, o 25 de xullo, sexa Domingo[2]. O texto non só avala o achado das reliquias, senón que realiza unha confirmación xeral de toda a tradición compostelá mediante o que José Guerra Campos (1985) cualifica como unha “síntese histórica xacobea”.[3]
Reforzou os lazos coa Igrexa norteamericana, fomentando a expansión do catolicismo nos Estados Unidos. Con todo, León XIII contribuíu a dotar a Igrexa dun novo protagonismo a escala mundial, reforzado por dous tipos de iniciativas súas: por un lado, o achegamento á Igrexa anglicana e ós ortodoxos gregos, que iniciou a tendencia ecuménica dos papas do século XX; e por outro, o impulso da acción misioneira, especialmente en África.
Encíclicas
editar- Ad Extremas (24 de xuño de 1893)
- Adiutricem (5 de setembro de 1895)
- Aeterni Patris (4 de agosto de 1879)
- Affari Vos (8 de decembro de 1897)
- Annum Sacrum (25 de maio de 1899)
- Arcanum Divinae (10 de febreiro de 1880)
- Augustissimae Virginis Mariae (12 de setembro de 1897)
- Au Milieu des Sollicitudes (16 de febreiro de 1892)
- Auspicato Concessum (17 de setembro de 1882)
- Caritatis (19 de marzo de 1894)
- Caritatis Studium (25 de xullo de 1898)
- Catholicae Ecclesiae (20 de novembro de 1890)
- Christi Nomen (24 de decembro de 1894)
- Constanti Hungarorum (2 de setembro de 1893)
- Cum Multa (8 de decembro de 1882)
- Custodi di quella Fede (8 de decembro de 1892)
- Dall'alto dell'Apostolico Seggio (15 de outubro de 1890)
- Depuis le Jour (8 de setembro de 1899)
- Diuturni temporis (5 de setembro de 1898)
- Diuturnum (29 de xuño de 1881)
- Divinum illud munus (9 de maio de 1897)
- Dum Multa (24 de decembro de 1902)
- Etsi Cunctas (21 de decembro de 1888)
- Etsi Nos (15 de febreiro de 1882)
- Exeunte Iam Anno (25 de decembro de 1888)
- Fidentem Piumque Animum (20 de setembro de 1896)
- Fin dal Principio (8 de decembro de 1902)
- Grande Munus (30 de setembro de 1880)
- Graves de Communi Re (18 de xaneiro de 1901)
- Gravissimas (16 de maio de 1901)
- Humanum Genus (20 de abril de 1884)
- Iampridem (6 de xaneiro de 1886)
- Immortale Dei (1 de novembro de 1885)
- In Amplissimo (15 de abril de 1902)
- Inimica Vis (8 de decembro de 1892)
- In Ipso (3 de marzo de 1891)
- In Plurimis (5 de maio de 1888)
- Inscrutabili Dei Consilio (21 de abril de 1878)
- Insignes (1 de maio de 1896)
- Inter Graves (1 de maio de 1894)
- Iucunda Semper Expectatione (8 de setembro de 1894)
- Laetitiae Sanctae (8 de setembro de 1893)
- Libertas (20 de xuño de 1888)
- Licet Multa (3 de agosto de 1881)
- Litteras a Vobis (2 de xullo de 1894)
- Longinqua (6 de xaneiro de 1895)
- Magnae Dei Matris (8 de setembro de 1892)
- Magni Nobis (7 de marzo de 1889)
- Militantis Ecclesiae (1 de agosto de 1897)
- Mirae Caritatis (28 de maio de 1902)
- Nobilissima Gallorum Gens (8 de febreiro de 1884)
- Non Mediocri (25 de outubro de 1893)
- Octobri Mense (22 de setembro de 1891)
- Officio Sanctissimo (22 de decembro de 1887)
- Omnibus Compertum (21 de xullo de 1900)
- Pastoralis (25 de xullo de 1891)
- Pastoralis Officii (12 de setembro de 1891)
- Paternae (18 de setembro de 1899)
- Paterna Caritas (25 de xullo de 1888)
- Pergrata (14 de setembro de 1886)
- Permoti Nos (10 de xullo de 1895)
- Providentissimus Deus (18 de novembro de 1893)
- Quae Ad Nos (22 de novembro de 1902)
- Quam Aerumnosa (10 de decembro de 1888)
- Quamquam Pluries (15 de agosto de 1889)
- Quam Religiosa (16 de agosto de 1898)
- Quarto Abeunte Saeculo (16 de xullo de 1892)
- Quod Anniversarius (1 de abril de 1888)
- Quod Apostolici Muneris (28 de decembro de 1878)
- Quod Auctoritate (22 de decembro de 1885)
- Quod Multum (22 de agosto de 1886)
- Quod Votis (30 de abril de 1902)
- Quum Diuturnum (25 de decembro de 1898)
- Reputantibus (20 de agosto de 1901)
- Rerum Novarum (15 de maio de 1891)
- Saepe Nos (24 de xuño de 1888)
- Sancta Dei Civitas (3 de decembro de 1880)
- Sapientiae Christianae (10 de xaneiro de 1890)
- Satis Cognitum (29 de xuño de 1896)
- Spectata Fides (27 de novembro de 1885)
- Spesse Volte (5 de agosto de 1898)
- Superiore Anno (30 de agosto de 1884)
- Supremi Apostolatus Officio (1 de setembro de 1883)
- Tametsi Futura Prospicientibus (1 de novembro de 1900)
- Urbanitatis Veteris (20 de novembro de 1901)
- Vi è Ben Noto (20 de setembro de 1887)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: León XIII, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- ↑ López Ferreiro (1898). "Historia de la Santa Iglesia de Santiago de Compostela". Antonio. Consultado o 15/05/2023.
- ↑ Yzquierdo Perrín, Ramón (2003). Los Caminos a Compostela. Ediciones Encuentro. ISBN 84-7490-693-8.
- ↑ d'Ors y Pérez-Peix, Álvaro (1999). Sobre el libro de José Guerra Campos Roma y el sepulcro de Santiago: la bula "Deus omnipotens" (1884). pp. 132–133. ISBN 84-920484-9-2.