LARSA
LARSA (acrónimo de Láctea Agrícola Rodríguez Sociedad Anónima) é unha empresa láctea e de derivados lácteos fundada polos irmáns Rodríguez López. Actualmente forma parte do Grupo Capsa.
Larsa | |
---|---|
Vaca na central leiteira Larsa (Vilagarcía de Arousa) | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1933 co nome actual dende 1947 |
Matriz | CAPSA |
Localización | Vilagarcía de Arousa, Pontevedra Galicia |
Fundador | Rodríguez López |
Industria | Láctea |
Produtos | Leite Queixo Iogures |
Número de empregados | 250 en 2016 (90 en Vilagarcía)[1] |
Na rede | |
https://leitelarsa.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn 1933 os irmáns Rodríguez López comezaron a producir de xeito profesional queixo plano tipo Arzúa na Granxa Arxeriz. Co tempo abriron unha planta industrial en Chantada e despois da guerra civil fundaron a Central Leiteira de Vigo.
En 1947 naceu Larsa como marca, coa creación de Lacto Agrícola Rodríguez, S. A. con sede en Vilagarcía de Arousa. Alí fabricaban varios tipos de queixo e a partir de 1962 leite en bolsa e posteriormente tetra-pack. En 1964, abriu a Central Leiteira en Balaídos (Vigo) e ampliou a produción a leite pasteurizado, sobremesas e nata. Nos anos 70 xa vendía en toda España.
Na década de 1980 mercou a fábrica Arxeriz en Outeiro de Rei, Iberolacto en Ourense, Xeve en Pontevedra, Ilasa en Madrid e Vega de Oro en Meira. Larsa chegou a ter 1.200 empregados e 6.000 puntos de venda cunha facturación de 20.000 millóns de pesetas. A finais desa mesma década, Larsa participou na reestruturación do sector lácteo galego, integrándose no grupo Iberlat.
En 1991 foi adquirida por Union Laitière Normande (ULN)[2]. En 1992 modernizou a planta de Vilagarcía centrando alí a produción de Larsa. En 1992 modernizouse a planta de Outeiro de Rei pasando toda a fabricación en brik a Outeiro de Rei (planta de Arjeriz) e toda a fabricación de queixo a Vilagarcía. En 1994 pasou a mans de Central Lechera Asturiana (CLAS)[2]. En decembro de 1997 integrouse en CAPSA xunto con CLAS e Ato. CAPSA é un dos maiores grupos lácteos de España.
A empresa cumpre as normativas UNE-EN-ISO 9001:2008 de calidade en Vilagarcía e Outeiro de Rei. En Lugo tamén coa UNE-EN-ISO 14001:2004.
Produtos
editar- Leite
- Iogures
- Sobremesas
- Queixo
Notas
editar- ↑ Larsa moderniza su fábrica de quesos y yogures de Vilagarcía foodretail.es
- ↑ 2,0 2,1 Diccionario Enciclopédico Galego Universal. Ir Indo / La Voz de Galicia. 2003. ISBN 84-7680-429-6.