Knossos
Suxeriuse que "Historia da pintura en Creta" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Knossos [1] (tamén Cnossos[2], ambos se pronuncian /(kə)ˈnɒsɒs, -səs/; grego antigo: Κνωσός, Ko-no-so)[3] é o maior sitio arqueolóxico da Idade de Bronce en Creta e chamouse a cidade máis antiga de Europa.[4]
(el) Κνωσός | ||||
Tipo | organized archaeological site (en) atracción turística polis | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Illa de Creta | |||
Localización | ||||
División administrativa | Heraklion Municipality, Grecia (en) | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 7000 a. C. | |||
Período de tempo | Civilización minoica | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 611.455 (2016) | |||
Asentado xa no período Neolítico, o nome Cnossos sobrevive das antigas referencias gregas á cidade principal de Creta. O palacio de Cnossos converteuse finalmente no centro cerimonial, político e da cultura da civilización minoica. O palacio abandonouse nalgún momento descoñecido a finais da Idade do Bronce Final, c. 1380–1100 a. C.;[5] descoñécese o motivo, pero xeralmente exponse un dos moitos desastres que sufriu o palacio.
No Período do Primeiro Palacio (ao redor do 2000 a.C.), a área urbana alcanzou un tamaño de ata 18.000 habitantes.[6] No seu apoxeo, o pazo e a cidade circundante contaban cunha poboación de 100.000 persoas pouco despois de 1700 a.C.[7][8][9]
Ortografía
editarO nome Knossos foi anteriormente latinizado como Cnossus ou Cnossos e ocasionalmente como Knossus, Gnossus ou Gnossos,[10][11] pero agora case sempre escríbese Knossos.[12]
Historia e características
editarProbablemente era un centro político e relixioso da civilización minoica. Posuía 17.000 m² construídos e incluía 1.500 habitacións, motivo polo cal constitúe o principal dos palacios cretenses e nel quíxose ver a sede do mítico rei Minos. Foi descuberto por Sir Arthur Evans en 1894.
Entre os achados máis importantes están os frescos que decoran as paredes. Estas pinturas sofisticadas mostran unha grande civilización que vivía con luxo. As súas vestimentas non semellan herdadas de ningunha civilización coñecida. Os vestidos femininos tiñan cinturas finas e unha distinta cor azul, indicando comercio cos fenicios. Os murais retrataban competicións atléticas (posibelmente un ritual de madureza) en que a xente nova practicaba acrobacias montados en bois.
A complexidade da distribución interior do Palacio de Cnosos deu nacemento á lenda do Labirinto e o Minotauro. O Palacio era de planta cadrada de 150 m de lado. Na banda norte estaba a entrada principal e achegábase a un patio central. A banda oeste era onde se atopaba a Sala do Trono, que era a peza central do palacio. Tiña unha grande cadeira de pedra arrodeada de cadeiras máis pequenas e todas protexidas dende as súas costas por pinturas con grifóns, tema recorrente nas civilizacións orientais (en Exipto, as esfinxes, en Mesopotamia os touros alados sirios e babilónicos). Como os reis eran ao mesmo tempo sacerdotes, é fácil supor que o palacio era tamén templo ou santuario. Tras as estancias cerimoniais, atopábanse os almacéns, nos que había cofres de pedra soterrados no chan. Algúns dos cuartos tiñan as súas paredes cubertas de chumbo, suponse que para evitar as humidades. Na parte leste evidénciase moi claramente a construción en forma de chanzos do pazo, xa que esta está construída nunha chaira do outeiro e ten até tres andares por baixo do nivel do patio, onde se atopaban os apousentos da familia real, os servizos (baños) e seguramente tamén estivese a Cámara do tesouro e diversas estancias que poderían ser almacéns, entre as que descorría un tortuoso corredor. A norte do patio central distribuíanse os artesáns, a escola dos escribas e outras dependencias. Tamén había un tanque que se especula con que fose un acuario.
Galería de imaxes
editar-
Vista exterior do palacio
-
Sala do trono no palacio de Knossos
-
Knossos, Escavacións
Notas
editar- ↑ Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo 2002, s. v.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo 2002, s. v. Cnosos remite a Knosos.
- ↑ paleolexicon.com, "Grego micénico e lineal B", Paleolexicon.
- ↑ Todd Whitelaw 2012, p. 223.
- ↑ Castleden, Rodney (1993). Life in Bronze Age Crete. London; New York: Routledge. p. 35.
- ↑ Castleden, Rodney (2002). "Life in the Towns". Minoan Life in Bronze Age Crete. Routledge. p. 68. ISBN 978-1-134-88064-5.
- ↑ Ring, Trudy; Noelle Watson; Paul Schellinger (2013). "Crete (Greece)". Southern Europe: International Dictionary of Historic Places. Routledge. p. 172. ISBN 978-1-134-25958-8.
- ↑ Mithen, Steven (2012). Thirst: For Water and Power in the Ancient World. Harvard University Press. p. 77. ISBN 978-0-674-07219-0.
- ↑ Humphrey, John William (2006). "Bronze Age Civil Engineering". Ancient Technology. Greenwood Publishing Group. p. 56. ISBN 978-0-313-32763-6.
- ↑ EB (1878).
- ↑ EB (1911), p. 573.
- ↑ "Google Ngram Viewer". books.google.com. Consultado o 29 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Knossos |