Kama Sutra
(Redirección desde «Kamasutra»)
O Kama Sutra é un antigo texto indio sobre sexo, a pesar do seu carácter erótico pertence á literatura relixiosa sánscrita. O texto escribiuno Vatsyayana. O texto completo do título é Vātsyāyana kāma sūtra (Aforismos do amor carnal, de Vatsyayana). Crese que o autor viviu entre o século I e o VI, probablemente durante o período Gupta. Profusamente ilustrado, o libro dá consellos sobre as relacións heterosexuais entre un home e unha muller e describe posturas sexuais. O libro coñeceuse en Occidente logo da tradución de Richard Francis Burton en 1883.
Contido
editarO Kama Sutra de Vatsyayana ten 1.250 versos, distribuído en 36 capítulos. Segundo as traducións de Burton[1] e Doniger[2][3], os contidos do libro están estruturados en sete partes:
- Observacións xerais: Cinco capítulos do libro, tres obxectivos e prioridades da vida, a adquisición de coñecemento, a conduta do cidadán ben educado e reflexións sobre intermediarios que axudan o amante nas súas iniciativas;
- Avances amorosos/Unión sexual: Dez capítulos sobre a estimulación do desexo, tipos de abrazos, caricias e bicos, rabuñar coas uñas, morder e rabuñar cos dentes, sobre (posicións) de copulación, dar labazadas e xemidos, coomportamento viril en mulleres,coito superior e sexo oral, preludios e conclusións ao xogo do amor. Describe 64 tipos de actos sexuais;
- Conseguir unha esposa: Cinco capítulos sobre formas de matrimonio, relaxar á moza, conseguir a moza, xestionarse só e a unión por matrimonio;
- Deberes e privilexios da esposa: Dous capítulos sobre a conduta da esposa única e da esposa xefe e outras esposas;
- Outras mulleres dos homes: Seis capítulos sobre o comportamentos da muller e o home, como familiarizarse, exame de sentimentos, a tarefa de mediador, os praceres do rei, comportamento nos cuartos das mulleres;
- Sobre cortesás: Seis capítulos de consellos sobre os asistentes escollidos polos amantes, buscar un amante estable, maneiras de gañar diñeiro, renovar a amizade cun antigo amante, beneficios ocasionais, beneficios e perdas;
- Prácticas ocultas: Dous capítulos sobre mellorar a atracción física, espertar un poder sexual débil.
Notas
editar- ↑ Vatsyayana (1883). The Kama Sutra of Vatsyayana.Translated From The Sanscrit In Seven Parts With Preface Introduction and Concluding Remarks (Copia dixital.EBook #27827). Richard Burton, Bhagavanlal Indrajit,Shivaram Parashuram Bhide (trads.). Kama Shastra Society of London and Benares. Consultado o 14 de marzo de 2019.
- ↑ Tradución de Doniger en Google Books. Consultado o 14 de marzo de 2019
- ↑ Vātsyāyana; Doniger, Wendy (tr.); Kakar, Sudhir (tr.) (2009). Kamasutra: a new, complete English translation of the Sanskrit text : with excerpts from the Sanskrit Jayamangala commentary of Yashodhara Indrapada, the Hindi Jaya commentary of Devadatta Shastri, and explanatory notes by the translators. Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780192839824. OCLC 51913817.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kama Sutra |