José Ramón González Pérez
José Ramón González Pérez, coñecido deportivamente como José Ramón, nado en Carreira (Ribeira) o 20 de maio de 1968 é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogou no Deportivo da Coruña e na SD Compostela.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1968 (56 anos) Carreira, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1987 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Francisco Javier González Pérez |
Traxectoria
editarA súa carreira comeza no equipo da súa vila natal, o Carreira CF, ata o ano 1986 no cal pasa ao Fabril Deportivo, e posteriormente ao Deportivo da Coruña. Durante a tempada 1993–94 sufriu unha lesión de pube que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante case toda a campaña. Ao ano seguinte abandonou o equipo tras gañar a Copa do Rei e fichou pola SD Compostela, onde xogou durante tres tempadas. Na campaña 1998–99 regresou ao Deportivo, retirándose no 2000 trala consecución do título de Liga.
Como adestrador
editarNa tempada 2008–09 firmou como adestrador do Montañeros CF, equipo da Terceira División que conseguiu meter nos postos de ascenso, conseguindo unha praza en Segunda División B tras o descenso do Ciudad de Santiago ao final da campaña. O 13 de maio de 2010 anunciou que non continuaría no club coruñés, tras posicionalo no décimo posto da categoría de bronce.[1]
En xaneiro de 2011 fíxose cargo novamente do Montañeros, tras o cesamento de Abraham García, que á súa vez fora o seu substituto cando abandonara o club o ano anterior.[2] En xaneiro de 2012 foi cesado debido aos malos resultados.
Persoal
editarÉ irmán de Fran, tamén exfutbolista. Participou cantando con el no disco Selección Xa! da revista Bravú a favor da recuperación da Selección de fútbol de Galicia.