John Stuart Mill
John Stuart Mill, nado en Londres o 20 de maio de 1806 e finado en Aviñón o 8 de maio de 1873, foi un filósofo, economista e político inglés, un dos pensadores liberais máis influentes do século XIX. Harriet Taylor Mill é posíbel coautora de parte da súa obra.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1806 Islington, Reino Unido (pt) |
Morte | 8 de maio de 1873 (66 anos) Aviñón, Francia |
Causa da morte | erisipela (pt) |
Lugar de sepultura | Cimetière Saint-Véran (en) |
Membro do 19º Parlamento do Reino Unido | |
11 de xullo de 1865 – 11 de novembro de 1868 (disolución do parlamento) Lexislatura: 19th Parliament of the United Kingdom (en) Circunscrición electoral: Westminster (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Ateísmo |
Educación | University College de Londres |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | filósofo, escritor, Igualitarismo, oficinista, autobiógrafo, economista, político, sufraxista |
Período de actividade | (Con vida en: 1900 ) |
Empregador | Compañía Británica das Indias Orientais |
Partido político | Partido Liberal do Reino Unido |
Membro de | |
Movemento | Ateísmo, Igualitarismo, Utilitarismo e Liberalismo |
Profesores | Jeremy Bentham |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Familia | Mill family (en) |
Cónxuxe | Harriet Taylor Mill |
Pai | James Mill |
Parentes | Helen Taylor, stepchild |
Premios | |
Descrito pola fonte | Larousse Encyclopedia online (pt) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Милль Джон Стюарт) Q22341367 , (sec:Mill, 2. John Stuart M., p.514-520) |
Traxectoria
editarFillo do filósofo e historiador escocés James Mill, de tendencia liberal radical, recibiu unha educación rigorosa, estudou grego aos tres anos e despois latín, filosofía, álxebra e lóxica. O seu pai pretendía que o neno puidese liderar a causa do utilitarismo no futuro. Entre 1820 e 1821 viviu en Francia con Samuel Bentham e á volta a Inglaterra ingresou na East India Company. En 1823 fundou con Jeremy Bentham a revista Westminster Review para a difusión do pensamento democrático radical.
Moi influído polo pensamento de Auguste Comte e Alexis de Tocqueville, o seu primeiro libro importante foi A System of Logic (1843), ao que seguiu ao ano seguinte os Essays on Some Unsettled Questions of Political Economy. En 1848 publicou Principles of Political Economy. On Liberty publicouna en 1859 como unha resposta a De la démocratie en Amérique de Tocqueville, sostén que o individuo é libre por natureza e que os dereitos existen só para asegurar a liberdade. En 1869 publicou The Subjection of Women, que marca o comezo do feminismo liberal.
Filosofía
editarO utilitarismo, defendido por Mill, baséase en que aquilo que resulta útil e práctico para acadar a felicidade é bo. Segundo o filósofo, dado que as persoas desexan a felicidade, deben asegurarse todos os medios que lles axuden a cumprir este obxectivo. Por felicidade, Mill entende, ao igual que os epicúreos, o pracer, entendido fundamentalmente como a ausencia de dor.
É importante subliñar que tal idea da felicidade non ten connotacións egoístas, senón altruístas, é dicir, o ben dos demais é tan importante ou máis que o ben propio. Por iso mesmo, o que Stuart Mill pretende co seu utilitarismo é buscar un modelo de felicidade válido para o maior número posíbel de persoas. É por iso que o seu pensamento afonda na relación existente entre ética, política e economía. O filósofo inglés pensa que para que todo o mundo teña acceso á felicidade é básico mellorar as súas condicións sociais debidas (sanidade, educación, cultura, liberdade etc). No caso de que a felicidade individual entre en contradición coa felicidade do colectivo, Mill recomenda a renuncia e o sacrificio do ben individual en favor do ben xeral.
É un dos primeiros autores que defende a idea de "estado de benestar", é dicir, a idea de que a función principal do estado e da política é, e debe ser, procurar garantir as mellores condicións de vida posíbeis para os seus cidadáns. Ademais, Mill foi o primeiro que defendeu na cámara dos comúns ideas coma o sufraxio universal, a igualdade de dereitos da muller, e máis a axuda estatal para o desempregados.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Stuart Mill |
Ligazóns externas
editar- MetaLibri Digital Library: Utilitarianism