Julien Nkoghe Bekale
Julien Nkoghe Bekale, nado o 9 de xaneiro de 1962, é un político gabonés, que foi primeiro ministro de Gabón entre 2019 e 2020.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1958 (66 anos) Libreville, Gabón |
Prime Minister of Gabon (en) | |
12 de xaneiro de 2019 – 16 de xullo de 2020 ← Emmanuel Issoze-Ngondet (pt) – Rose Christiane Raponda (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Gabonese Democratic Party (en) |
Foi nomeado para o cargo polo presidente Ali Bongo Ondimba en xaneiro de 2019, tras o intento de golpe de Estado ocorrido uns días antes.[1]
Traxectoria
editarBekale é membro do Partido Democrático Gabonés. Ocupou cargos ministeriais con Ali Bongo e Omar Bongo, como ministro de Petróleo, Gas e Hidrocarburos[2] en 2009 e de Transporte e Equipamento en 2011.[3][4]
Primeiro ministro de Gabón
editarDespois de tomar posesión como primeiro ministro o 12 de xaneiro de 2019, Bekale anunciou a composición do novo goberno, na que mantivo á maioría de ministros, aínda que nomeando a Emmanuel Norbert Tony Ondo Mba como novo ministro de Enerxía.[5] Anunciou o novo goberno dende Rabat, Marrocos.[6]
Dimitiu o 16 de xullo de 2020, sendo nomeada no seu lugar Rose Christiane Raponda.[7]
Notas
editar- ↑ "Gabon : Julien Nkoghe Bekale devient le nouveau Premier ministre" (en francés). 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Gabon names new Prime Minister as Bongo seeks return to stability" (en inglés). 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de maio de 2020.
- ↑ "Portrait de Julien Nkoghe Bekalé, le nouveau ministre premier ministre du Gabon" (en francés). January 12, 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "[Série] Portrait de Julien Nkoghe Bekale, le nouveau ministre des PME et de l’Artisanat, un secteur crucial pour la création d’emplois au Gabon" (en francés). 15 de maio de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Gabon's New Prime Minister Forms Government After Coup Attempt" (en inglés). 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Gabon : L’équipe complète du gouvernement Julien Nkoghé Békalé" (en francés). 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Gabon appoints first woman prime minister Ossouka Raponda" (en inglés). Reuters. 17 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020.