Guerra de Iraq

(Redirección desde «Invasión do Iraq de 2003»)

A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí nos Estados Unidos,[23] Operación Telic no Reino Unido[24] e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq,[25] foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011.[2] Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer,[26] e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.[27]

Guerra de Iraq
Parte de Guerra contra o terrorismo

Comezando pola parte superior esquerda: patrulla conxunta en Samarra; derrubamento da estatua de Saddam Hussein na praza Firdos, soldado do exército iraquí prepara o seu rifle durante un asalto no sur de Bagdad.
Data 20 de marzo de 2003 - 18 de decembro de 2011[1]
Lugar Iraq
Resultado Retirada das tropas estadounidenses.[2]
  • Vitoria aliada na invasión de Iraq de 2003.
  • Ocupación de Iraq.
  • Formación dun goberno provisional.
  • Derrocamento do goberno do Partido Baath e a execución de Saddam Hussein.
  • Xuízos dos funcionarios baathistas por crimes contra a humanidade.
  • Crise humanitaria con abusos de dereitos humanos, vítimas civís e refuxiados.
  • Destrución e roubo dalgunhas pezas arqueolóxicas.
  • Insurxencia iraquí e comezo da guerra civil.
  • Danos nas infraestruturas.
  • Privatización dos servizos iraquís.
  • Ratificación dunha nova constitución democrática.
  • Elección dun goberno democrático.
  • Operacións de Al Qaeda en Iraq.
  • Operacións de combate militar concluídas.
  • Ocupación militar.
  • Inestabilidade política e continuación da violencia sectaria após a retirada militar estadounidense.[3]
Belixerantes
Coalición multinacional en Iraq
Estados Unidos
Peshmergas kurdos
Iraq (Dende 2006)
Reino Unido
Australia Australia
Polonia Polonia
Dinamarca Dinamarca
Italia Italia
Romanía Romanía
Ucraína Ucraína
Países Baixos Países Baixos
España España
Bulgaria Bulgaria
Xapón
Xeorxia
República Dominicana
(Máis os países restantes da coalición)[4]
Iraq (baixo Saddam Hussein)
Baathistas iraquís
Resistencia iraquí
Exército de al-Mahdi
Muyahidínes
Partido Comunista Iraquí
Fedayínes
Organización dos muyahidines do pobo iraniano
Líderes
George W. Bush
Barack Obama
Richard B. Myers
Peter Pace
Michael Mullen
Paul Bremer
Jay Garner
Tommy Franks
John P. Abizaid
Ricardo S. Sánchez
William J. Fallon
Martin Dempsey
James Mattis
George Casey
David Petraeus
John R. Allen
Raymond T. Odierno
David D. McKiernan
Lloyd Austin
Tony Blair
Gordon Brown
David Cameron
Richard Shirreff
Jim Dutton
Andy Salmon
John Cooper
Australia John Howard
Australia Kevin Rudd
España José María Aznar
España Alfredo C. Torres
España Fulgencio Coll
España José Manuel Muñoz
Italia Silvio Berlusconi
Italia Romano Prodi
Polonia Andrzej Tyszkiewicz
Nuri al-Maliki
Iyad Allawi
Jalal Talabani
Ibrahim al-Jaafari
Ghazi Mashal Ajil al-Yawer
Saddam Hussein
Qusay Hussein
Uday Hussein
Ali Hassan al-Mayid
Barzan Ibrahim al-Tikriti
Izzat Ibrahim al-Douri
Jasili Ibrhama
Muqtada al-Sadr
Abu Musab al-Zarqawi
Abu Ayyub al-Masri
Forzas en combate
Coalición
~300.000 invasión
176.000 (2004-2009)
Contratistas*
~182.000 (118.000 Iraquís, 43.000 Outros, 21.000 estadounidenses)[5][6]
Peshmerga
50.000 invasión
Novo exército iraquí
125.000
Policía iraquí
227.000[7]
Milicias
15.000-30.000 voluntarios civís[8]

Turquía~8.000[9]

Iraquís (baixo Saddam Hussein):
375.000 forzas regulares.

Goberno post-Baaz, conflito multilateral:
Resistencia iraquí
~72.000[10]
Exército Mahdi
~64.000[11][12]
al Qaeda/Mercenarios
3.300[13]


PKK: ~6.000[14]

Baixas
Coalición
4.486[15] 179[16]
Outros: 139
TOTAL: 4.804
Feridos militares:
32.200[15] 315[17]
Mortos contratistas:
: 1.471[18]: 743[17]
Mortos militares:
7.600 - 10.800 (invasión de 2003)[19][20]
Mortos milicianos: 21.221- 26.405[21]
Total de mortos: 28.736-37.120
Mortos civís: 100.000[22]

A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991.[28][29] Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses.[30] Criticouse amplamente ós servizos de información,[31] e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións.[32] Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando,[33] pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración.[34][35] Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos,[36] violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí,[37] propagación da democracia,[38] as reservas de petróleo de Iraq,[39][40][41] aínda que este último foi negado por outros funcionarios.[42][43][44]

A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiítas iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq.[45][46] As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £4.500 millóns ($9.000 millóns) para o Reino Unido,[47] e máis de $845.000 millóns ós Estados Unidos,[48] cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comezaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país.[49][50] Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.

  1. "Estados Unidos cerra a guerra con Iraq - Clarín.com". Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Estados Unidos vaise de Iraq Arquivado 22 de maio de 2013 en Wayback Machine. Perfil.com - 22 de decembro de 2011
  3. 10 años de la invasión Iraq Arquivado 02 de abril de 2013 en Wayback Machine. Telesur
  4. US names 'coalition of the willing' BBC NEWS
  5. "Private contractors outnumber U.S. troops in Iraq" Arquivado 02 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. By T. Christian Miller. Los Angeles Times. 4 de xullo de 2007.
  6. "Contractor deaths add up in Iraq" Arquivado 13 de xuño de 2008 en Wayback Machine.. By Michelle Roberts. Deseret Morning News. Feb. 24, 2007.
  7. Collins, C. (19 de agosto de 2007) "U.S. says Iranians train Iraqi insurgents," Arquivado 07 de marzo de 2008 en Wayback Machine. McClatchy Newspapers
  8. A Dark Side to Iraq 'Awakening' Groups
  9. Bendern, Paul de (22-02-2008). "Turkey launches major land offensive into N.Iraq". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2008. 
  10. The Brookings Institution Iraq Index: Tracking Variables of Reconstruction & Security in Post-Saddam Iraq Arquivado 19 de outubro de 2013 en Wayback Machine. 1 de outubro de 2007
  11. Nasrawi, Salah; Katherine Shrader (08-12-2006). "Saudis reportedly funding insurgents". Seattle Times. 
  12. Ricks, Thomas E.; Ann Scott Tyson (11-01-2007). "Intensified Combat on Streets Likely". Washington Post. 
  13. Pincus, Walter. "Violence in Iraq Called Increasingly Complex". The Washington Post, 17 de novembro de 2006.
  14. Al Jazeera http://english.aljazeera.net/NR/exeres/3E14DD15-F2D1-4C65-8148-5200DFB3E975.htm 25 de febreiro de 2008
  15. 15,0 15,1 http://www.defense.gov/NEWS/casualty.pdf
  16. "Operations in Iraq: British Fatalities". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2009. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  17. 17,0 17,1 http://www.mod.uk/DefenceInternet/AboutDefence/CorporatePublications/DoctrineOperationsandDiplomacyPublications/OperationsInIraq/OpTelicCasualtyAndFatalityTables.htm Arquivado 04 de outubro de 2012 en Wayback Machine., http://www.mod.uk/NR/rdonlyres/7E86BD05-D4FF-4677-97AA-CCFBDCFE4E34/0/optelic_31jul09.pdf Arquivado 31 de marzo de 2010 en Wayback Machine.
  18. "DBA CUMULATIVE REPORT BY NATION (09/01/2001 - 3/31/2010)". US Department of Labor. 
  19. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2009. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  21. [597 killed in 2003,[1], 23,984 killed from 2004 through 2009 (with the exceptions of May 2004 and March 2009),[2] 652 killed in May 2004,[3] 45 killed in March 2009,[4] Arquivado 03 de setembro de 2009 en Wayback Machine. 676 killed in 2010,[5] 451 killed in 2011 (agás febreiro),[6][7][8][9] Arquivado 09 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.[10] Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.[11] Arquivado 08 de decembro de 2011 na Biblioteca Alexandrina[12] Arquivado 13 de maio de 2012 en Wayback Machine.[13] Arquivado 18 de novembro de 2012 en Wayback Machine.[14] Arquivado 11 de novembro de 2011 en Wayback Machine. thus giving a total of 26,405 dead]
  22. www.iraqbodycount
  23. "Operation Iraqi Freedom". Consultado o 02-08-2007. 
  24. Ministry of Defence. "Fact Sheets". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2009. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  25. "Saudi King Condemns U.S. Occupation of Iraq". New York Times. marzo de 2007. 
  26. [elnuevodiario.com.ni/internacionales/82470 Estados Unidos inicia en Iraq operación Pito "Nuevo Amanecer"]
  27. "US Names Coalition of the Willing". Consultado o 03-11-2007. 
  28. President Bush Outlines Iraqi Threat
  29. Piecing together the story of the weapons that weren't
  30. Center for American Progress (29 de xaneiro de 2004) "In Their Own Words: Iraq's 'Imminent' Threat" Arquivado 25 de xuño de 2012 en Wayback Machine. americanprogress.org
  31. Close, R. (10 de marzo de 2003) "A CIA Analyst on Forging Intelligence -- Whose Deliberate Disinformation?" Arquivado 15 de maio de 2008 en Wayback Machine. CounterPunch
  32. "Iraq Survey Group Final Report: Weapons of Mass Destruction (WMD)". 
  33. "The Weekly Standard, Saddam's al Qaeda Connection". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  34. Woods, K.M. e Lacey, J. (2008) "Saddam and Terrorism: Emerging Insights from Captured Iraqi Documents," vol. 1 Institute for Defense Analyses IDA Paper P-4287, pp. ES-1
  35. Kerr, R.J., et al. (29 de xullo de 2004) "Intelligence and Analysis on Iraq: Issues for the Intelligence Community," MORI Doc. ID 1245667 (Langley, VA: Central Intelligence Agency)
  36. CNN (12 de setembro de 2002) "White House spells out case against Iraq" Arquivado 07 de xuño de 2009 en Wayback Machine., "the White House released a report early Thursday, listing some of the principal accusations against Iraq and its leader.... Iraq is also accused of sheltering two Palestinian terrorist organizations, and it lists Saddam's decision in 2002 to increase from $10,000 to $25,000 the bounty paid to the families of Palestinian suicide bombers."
  37. Wolfowitz, P. (30 de maio de 2003) "Deputy Secretary Wolfowitz Press Availability in Singapore," U.S. Department of Defense, Office of the Assistant Secretary of Defense (Public Affairs) news transcript
  38. "President Discusses the Future of Iraq" The White House, 26 de febreiro de 2003
  39. Wright, G. (4 de xuño de 2003) "Wolfowitz: Iraq war was about oil," Arquivado 11 de maio de 2008 en Wayback Machine. Guardian Unlimited (Londres: Guardian Newspapers Limited); this article was retracted
  40. Morgan, D. e Ottaway, D.B. (15 de setembro de 2002) "In Iraqi War Scenario, Oil Is Key Issue" Arquivado 12 de maio de 2008 en Wayback Machine. Washington Post
  41. Shih, G. e Montes, S. (15 de outubro de 2007) "Roundtable debates energy issues" Arquivado 24 de xuño de 2008 en Wayback Machine. Stanford Daily
  42. "Gates denies Iraq war about oil". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2007. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  43. PM denies Iraq oil link
  44. Blair: Iraq oil claim is 'conspiracy theory'
  45. U.S. Defense Secretary Robert Gates, 2 Feb 2007, see "four wars" remark
  46. "CBS on civil war". CBS News. 26 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  47. "UK. Spending on War in Iraq, Afghanistan Rises to $16 Bln (December 2006)". Bloomberg. 06-12-2006. Consultado o 22-01-2007. 
  48. Iraq war hits U.S. economy: Nobel winner
  49. Britain's Brown visits officials, troops in Iraq. International Herald Tribune, 2 de outubro de 2007.
  50. Italy plans Iraq troop pull-out BBC 15 de marzo de 2005

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.