Igrexa ortodoxa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
A Igrexa ortodoxa, tamén coñecida como Igrexa católica ortodoxa, é unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Estrutúrase como unha comuñón de igrexas autocéfalas gobernadas cada unha por un sínodo de bispos, iguais entre eles, e sen unha autoridade central de goberno análoga ao papado na Igrexa católica.
A Igrexa ortodoxa considerase a herdeira de tódalas comunidades cristiás da metade oriental do Mediterráneo.[1] A súa doutrina teolóxica estableceuse nunha serie de concilios, dos cales os máis importantes son os primeiros Sete Concilios, chamados "ecuménicos" que tiveron lugar entre os séculos IV e VIII. Tras varios desencontros e conflitos, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica separáronse no chamado "Cisma de Oriente e Occidente", o 16 de xullo de 1054. O cristianismo ortodoxo difundiuse por Europa Oriental grazas ao prestixio do Imperio Bizantino e ao labor de numerosos grupos misioneiros.
Está en realidade constituída por 14 ou, segundo algunhas delas, 15 Igrexas autocéfalas que só recoñecen cadansúa propia autoridade xerárquica (por exemplo, do patriarca de Alexandría, de Antioquía, de Constantinopla, etc. ou a de metropolitanos, se é o caso), pero manteñen entre si comuñón doutrinal e sacramental.
Notas
editar- ↑ O pequeno Larousse 2004. Spes Editorial. 2003. p. 746. ISBN 978-84-8332-445-5. «A Igrexa ortodoxa [...] considerase herdeira das primeiras comunidades cristiás establecidas ao oriente do Mediterráneo polos apóstoles [...]».
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |