Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1981
O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1981 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 15 de marzo de 1981 no circuíto de Long Beach en California. Foi a primeira carreira da tempada de 1981. A carreira foi o sexto Gran Premio do oeste dos Estados Unidos e a sétima carreira que se celebrou nas rúas da cidade de Long Beach (California). A carreira levouse a cabo sobre 80 voltas ao circuíto de 3´251 quilómetros cunha distancia total de carreira de 260 quilómetros.
Nome oficial | Toyota Grand Prix of Long Beach |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (en) Toyota Grand Prix of the United States |
Tipo | Gran Premio do oeste dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1981 |
Distancia do evento | 80 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Long Beach (Long Beach) 33°45′52″N 118°11′27″O / 33.764381, -118.190792 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 15 de marzo de 1981 |
Competición | |
Primeiro posto | Alan Jones |
Pole position | Riccardo Patrese |
Volta máis rápida | Alan Jones |
Resumo
editarO campión mundial Alan Jones terminou nove segundos por diante do seu compañeiro de equipo Carlos Reutemann, e gañou o seu primeiro Gran Premio de Long Beach, a tempada de 1981 comezou finalmente logo dun inverno de controversias e batallas legais. Foi o terceiro Gran Premio consecutivo que gañou Jones, e o seu segundo consecutivo nos Estados Unidos, logo de gañar o título de pilotos de 1980 con vitorias no fin da tempada en Montreal, Canadá e Watkins Glen, Nova York.
A tempada baixa vira o conflito entre a FISA (Fédération Internationale du Sport Automobile) e a FOCA (Asociación de Construtores de Fórmula Un), aparentemente pola prohibición prevista pola FISA dos faldróns aerodinámicos nos coches, para reducir a velocidade de paso por curva, pero tamén polo control financeiro deste deporte. Logo de ameazar con iniciar o seu propio campionato, a FOCA acordou a prohibición dos faldróns coa garantía do seu control das finanzas do deporte e o compromiso da FISA por un período de catro anos de estabilidade nas regras. A tan só 10 días antes da primeira carreira da tempada en Long Beach, asinouse en París o Acordo da Concordia, que permitiu que todos os equipos participasen.
Mentres tanto, a carreira de Suráfrica, que disputárase en febreiro baixo a versión das regras do acordo previo da FOCA, foi excluída do campionato do mundo, e a carreira arxentina, prevista inicialmente en xaneiro, foi trasladada a abril.
Ademais das novas regras, Goodyear anunciara en decembro a súa intención de retirarse inmediatamente de toda participación nas carreiras de Europa. Así, cando os equipos chegaron a Long Beach para a primeira carreira do campionato da tempada, as sesións de práctica do venres pola mañá estaban cheas dunha actividade frenética. Aleróns máis grandes, amortecedores máis suaves e pontóns revisados estaban en probas para case todo o mundo, tratando de compensar a ausencia dos faldróns prohibidos. Con todos os equipos tamén usando pneumáticos Michelin, moitos pilotos esforzábanse por loitar cun novo conxunto de desafíos.
O sábado, xurdiu outro problema legal a raíz do novo dobre chasis do Lotus 88, deseñado por Colin Chapman e Martin Ogilvie. Foi presentada unha protesta pola maioría dos equipos, aínda que non especificaban que regras estábanse rompendo. O coche foi aprobado inicialmente polo persoal técnico da FISA e aprobado polos comisarios técnicos, o que permitiulle participar nos adestramentos do venres. Pero, en última instancia, o coche foi prohibido o resto da fin de semana e Lotus tivo que cualificar e competir co máis convencional Lotus 81.
Na pista, na cualificación final, Riccardo Patrese e Alan Jones disputaron o primeiro posto varias veces durante a sesión. Patrese finalmente logrou a pole, conseguindo a súa primeira pole e a primeira (e única) para o seu equipo Arrows, por 0´01 segundos. O compañeiro de Jones en Williams Carlos Reutemann foi terceiro, seguido de Nelson Piquet co Brabham, o Ferrari de Gilles Villeneuve e Mario Andretti na súa primeira carreira con Alfa Romeo.
O tempo do domingo era perfecto, pero a primeira volta non o foi. Villeneuve fixo un adiantamento salvaxe pola parte exterior da grella e brevemente tomou a dianteira, pero freou na forquita Queens demasiado tarde e saíuse da pista, Patrese e a parella de Williams, Reutemann e Jones pasárono. Villeneuve foi capaz de reincorporarse cuarto, en tanto Andrea de Cesaris co seu McLaren batía con Alain Prost, quedando os dous fóra da carreira. Rebaque tamén se viu involucrado pero puido continuar cunha picada para poñer os catro pneumáticos novos. Logo dunha volta, a orde era Patrese, Reutemann, Jones, Villeneuve, Piquet, Didier Pironi, Cheever e Andretti.
Na primeira parte da carreira, Patrese sacou a Reutemann ao redor dun segundo, con Jones outros tres segundos detrás. Pironi, cambiou lugares con Villeneuve (quinto e terceiro), lideraba unha caravana de coches con Piquet tratando desesperadamente de adiantar.
A volta 17 foi mala para Ferrari Piquet finalmente pasou a Pironi e Villeneuve retirouse cun eixe de transmisión roto. Na volta 25, Reutemann tomou o liderado de Patrese só unha volta antes de Patrese entrase en boxes por un fallo do motor. Reincorporouse á carreira, pero logo de dúas paradas máis polo mesmo problema, finalmente retirouse co sistema de combustible roto.
A retirada de Patrese deixou a Reutemann cunha vantaxe de tres segundos sobre o seu compañeiro Jones, quen de inmediato comezou a pechar a brecha a medio segundo por volta. O equipo ordenou a Reutemann que deixara pasar a Jones, o primeiro piloto do equipo. Na volta 32, Reutemann apartouse, e Jones pasou ao liderado. Nas seguintes 12 voltas, o Campión do Mundo lograra unha vantaxe de dez segundos. Ao mesmo tempo, Reutemann ampliou a súa vantaxe sobre Piquet a 36 segundos.
Na volta 41, Jacques Laffite, Bruno Giacomelli e Jan Lammers retiráronse logo dunha colisión múltiple. A retirada de Laffite interrompeu unha batalla prolongada con Pironi, Cheever e Andretti polo cuarto lugar. Andretti pasou a Cheever na volta 43, e logo negociou o cuarto posto varias veces con Pironi, antes de tomar finalmente a posición na volta 54. O Ferrari de Pironi sufriu un problema de alimentación de combustible e Cheever tamén foi capaz de ir polo quinto posto. Ao facer o adiantamento, danou e perdeu a súa segunda marcha, a máis utilizada no estreito circuíto urbano.
As posicións mantivéronse igual na última parte da carreira con Jones e Reutemann logrando o terceiro dobrete consecutivo para Williams. Piquet, logo de perder a súa oportunidade de ir polos líderes embotellado detrás de Pironi, finalizou terceiro, a 35 segundos. Mario Andretti quedou cuarto diante dos seus seareiros, xusto por diante do seu compatriota de Tyrrell, Eddie Cheever, que foi quinto. Era a primeira vez que dous estadounidenses terminaban nos puntos desde Andretti e Mark Donohue no Gran Premio de Suecia de 1975.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Alan Jones | Williams-Ford | 80 | 1:50:41.33 | 2 | 9 |
2 | 2 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 80 | + 9.19 | 3 | 6 |
3 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 80 | + 34.92 | 4 | 4 |
4 | 22 | Mario Andretti | Alfa Romeo | 80 | + 49.31 | 6 | 3 |
5 | 3 | Eddie Cheever | Tyrrell-Ford | 80 | + 1:06.70 | 8 | 2 |
6 | 33 | Patrick Tambay | Theodore-Ford | 79 | + 1 volta | 17 | 1 |
7 | 21 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | 78 | + 2 voltas | 18 | |
8 | 16 | René Arnoux | Renault | 77 | + 3 voltas | 20 | |
Ret | 14 | Marc Surer | Ensign-Ford | 70 | sistema combustible | 19 | |
Ret | 28 | Didier Pironi | Ferrari | 67 | Sistema combustible | 11 | |
Ret | 25 | Jean-Pierre Jarier | Ligier-Matra | 64 | Bomba combustible | 10 | |
Ret | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 49 | Accidente | 15 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 41 | Colisión | 9 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 41 | Colisión | 12 | |
Ret | 20 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 41 | Motor | 16 | |
Ret | 9 | Jan Lammers | ATS-Ford | 41 | Colisión | 21 | |
Ret | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 33 | Sistema combustible | 1 | |
Ret | 32 | Beppe Gabbiani | Osella-Ford | 26 | Accidente | 24 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 25 | Accidente | 7 | |
Ret | 27 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 17 | Palier | 5 | |
Ret | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 16 | Freos | 23 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 13 | Accidente | 13 | |
Ret | 15 | Alain Prost | Renault | 0 | Colisión | 14 | |
Ret | 8 | Andrea de Cesaris | McLaren-Ford | 0 | Colisión | 22 | |
NSC | 4 | Kevin Cogan | Tyrrell-Ford | ||||
NSC | 17 | Derek Daly | March-Ford | ||||
NSC | 31 | Miguel Angel Guerra | Osella-Ford | ||||
NSC | 30 | Siegfried Stohr | Arrows-Ford | ||||
NSC | 18 | Eliseo Salazar | March-Ford |
Notas
editar- Primeiros puntos para Eddie Cheever
- Primeira carreira de: Miguel-Angel Guerra, Eliseo Salazar, Chico Serra e Siegfried Stohr
- Última carreira de: Kevin Cogan
- Chico Serra foi o único dos catro novatos que cualificou para a carreira.
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1981 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1981 |
Carreira anterior: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980 |
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1982 |
Notas
editar- Rob Walker (xuño de 1981). "6th United States Grand Prix West: Harmony Restored". Road & Track, 160-165.
- Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1981 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |