Gran Premio de Mónaco de 1982

O Gran Premio de Mónaco de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 23 de maio de 1982 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1982.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Mónaco de 1982
TipoGran Premio de Mónaco Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento76 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556Coordenadas: 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude3,337 km Editar o valor en Wikidata
PaísMónaco Editar o valor en Wikidata
Data23 de maio de 1982 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoRiccardo Patrese Editar o valor en Wikidata
Pole positionRené Arnoux Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaRiccardo Patrese Editar o valor en Wikidata

Informe

editar

Esta foi a primeira carreira tras a morte de Gilles Villeneuve no Gran Premio de Bélxica e, en consecuencia Ferrari participou cun só piloto, Didier Pironi.

A partir da volta 67, cando comezou a chover, a carreira converteuse nunha carreira rocambolesca. Riccardo Patrese estaba apertando a Alain Prost cando na volta 74, Prost arriscou demasiado e estrelouse contra as barreiras Armco na saída da chicane du Port (tamén coñecida como a pata do can). Convértese en líder da carreira Riccardo Patrese, na volta 75, pero na pinza de Loews apágaselle momentaneamente o motor, sendo adiantado por varios pilotos, Didier Pironi toma a cabeza, pero é traizoado polo seu Ferrari no túnel. Sucedeo no liderado outro piloto italiano, Andrea De Cesaris con Alfa Romeo. Pero, queda sen combustible aos poucos metros e ponse de líder o irlandés Derek Daly, que uns poucos momentos despois choca contra as proteccións da pista. Patrese, que lograra acender o seu coche rodando costa abaixo, logrou a súa primeira vitoria. Pironi e de Cesaris clasificáronse segundo e terceiro, con Daly sexto. O comentarista da BBC e campión do mundo de 1976 James Hunt fixó o famoso comentario: "Ben, temos esta ridícula situación na que estamos todos sentados na liña de chegada á espera de que veña un gañador e non parece que vaiamos ter un!".[1]

Clasificación

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2   Riccardo Patrese Brabham-Ford 76 1:54:11.259 2 9
2 28   Didier Pironi Ferrari 75 Sen combustible 5 6
3 22   Andrea de Cesaris Alfa Romeo 75 Sen combustible 7 4
4 12   Nigel Mansell Lotus-Ford 75 + 1 volta 11 3
5 11   Elio de Angelis Lotus-Ford 75 + 1 volta 15 2
6 5   Derek Daly Williams-Ford 74 Accidente 8 1
7 15   Alain Prost Renault 73 Accidente 4
8 4   Brian Henton Tyrrell-Ford 72 + 4 voltas 17
9 29   Marc Surer Arrows-Ford 70 + 6 voltas 19
10 3   Michele Alboreto Tyrrell-Ford 69 Suspensión 9
Ret 6   Keke Rosberg Williams-Ford 64 Colisión 6
Ret 8   Niki Lauda McLaren-Ford 56 Motor 12
Ret 1   Nelson Piquet Brabham-BMW 49 Turbo 13
Ret 7   John Watson McLaren-Ford 35 Eléctico 10
Ret 9   Manfred Winkelhock ATS-Ford 31 Diferencial 14
Ret 26   Jacques Laffite Ligier-Matra 29 Erro de pilotaxe 18
Ret 25   Eddie Cheever Ligier-Matra 27 Fuga aceite 16
Ret 10   Eliseo Salazar ATS-Ford 22 Mecánica 20
Ret 16   René Arnoux Renault 14 Trompo 1
Ret 23   Bruno Giacomelli Alfa Romeo 4 Semieixo 3
NSC 30   Mauro Baldi Arrows-Ford
NSC 33   Jan Lammers Theodore-Ford
NSC 17   Jochen Mass March-Ford
NSC 35   Derek Warwick Toleman-Hart
NSC 31   Jean-Pierre Jarier Osella-Ford
NSC 14   Roberto Guerrero Ensign-Ford
NSCP 36   Teo Fabi Toleman-Hart
NSCP 32   Riccardo Paletti Osella-Ford
NSCP 18   Raul Boesel March-Ford
NSCP 20   Chico Serra Fittipaldi-Ford
NSCP 19   Emilio de Villota March-Ford

Posicións logo da carreira

editar
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio de Detroit de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1981
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1983

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar