Glycine

xénero de plantas

Para o aminoácido, ver o artigo glicina. Para a planta rubideira do xénero 'Wisteria', ver o artigo glicinia.

Glycine Willd. é un xénero da familia das leguminosas (Fabaceae). A especie máis coñecida é a soia ( Glycine max).

Etimoloxía

editar

O nome do xénero Glycine foi introducido orixinalmente por Linneaus na primeira edición de Genera Plantarum. Deriva do grego «glykys» (doce) referíndose, probabelmente á dozura dos tubérculos comestíbeis con forma de pera (apios en grego) producidos pola rubideira leguminosa ou herbácea gateadora, Glycine apios, que agora se coñece coma Apios americana.

Coma outras colleitas de longa domesticación, o parentesco da soia moderna coas especies de soia que medran de xeito bravo xa non pode ser trazada con ningún grao de veracidade. É unha variedade cultural cun amplo número de cultivares.

Taxonomía

editar

O xénero Glycine divídese en dous subxéneros: Glycine e Soja. O subxénero Soja Moench inclúe a soia cultivada, Glycine max, e maila soia brava: Glycine soja. Ambas as dúas especies son anuais. A soia medra só baixo cultivo mentres que G. soja medra de xeito bravo na China, no Xapón, en Corea, en Taiwán e mais en Rusia.

Hoxe en día, o suxénero Glycine consiste alo menos en 16 especies silvestres perennes: por exemplo, Glycine canescens e G. tomentella que se distribúen en Australia e Papúa Nova Guinea.

Especies

editar

Subxénero Glycine

Subxénero Soja (Moench) F.J. Herm.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar