Fotón
- Véxase tamén: Foton (satélites).
O fotón[1] é o cuanto de radiación electromagnética. Vén representado por unha función de ondas simétrica, polo que se di que é un bosón. Non posúe masa en repouso. Ten unha enerxía directamente relacionada coa súa frecuencia pola ecuación: . Ademais posúe un momento: .
A disciplina da física que trata o seu comportamento de xeito rigoroso é a electrodinámica cuántica.
Outras ramas da física abordan este tratamento en determinadas condicións que permiten aproximacións e a construción de modelos adecuados. Unha destas deriva do seu nome: a fotónica. É unha disciplina relacionada co estudo do seu comportamento no rango de frecuencias ópticas, especialmente os aspectos relacionados coa súa interacción coa materia, e que se pode considerar coma unha importante rama da óptica. Confúndese coa denominada optoelectrónica.
Sobre o nome
editarO termo foi usado por vez primeira por Gilbert Lewis nun artigo na revista Nature en decembro de 1926.[2]
Notas
editar- ↑ "fotón". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ "December 18, 1926: Gilbert Lewis coins “photon” in letter to Nature". www.aps.org (en inglés). Consultado o 2021-07-02.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fotón |
Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
Abaixo | Estraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
Termos relacionados | |||||||||
antimateria - partícula subatómica |