For Whom the Bell Tolls

For Whom the Bell Tolls (en galego Por quen dobran as campás) é unha novela de Ernest Hemingway, publicada en 1940 e representada posteriormente en forma de película. A súa trama desenvólvese na guerra civil española, onde el participou como correspondente de guerra.

For Whom the Bell Tolls
A novela foi adaptada o cine
Título orixinalFor Whom the Bell Tolls
Autor/aErnest Hemingway
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Tema(s)guerra civil española
Xénero(s)Novela bélica
EditorialCharles Scribner's Sons
Data de pub.1940
Páxinas471
ISBNISBN 978-0-684-83048-3
Premios
Na rede
BNE: XX3383761
editar datos en Wikidata ]

O título procede da "Meditación XVII" de Devotions Upon Emergent Occasions obra do poeta metafísico John Donne publicada en 1624:

Ninguén é unha illa, completo en si mesmo; cada home é un pedazo de continente, unha parte da terra; se o mar se leva unha porción de terra, toda Europa queda diminuída, como se fose un promontorio, ou a casa dun dos teus amigos, ou a túa propia. A morte de calquera home redúceme porque estou ligado á humanidade; polo tanto nunca preguntes por quen dobran as campás: dobran por ti.

John Donne, Devotions Upon Emergent Occasions

Sinopse

editar

A trama lévase a cabo durante a guerra civil española. Robert Jordan é un profesor universitario de lingua castelá nos EUA, especialista en explosivos das Brigadas Internacionais. O xeneral Golz encárgalle a destrución dunha ponte para evitar a contraofensiva do bando Nacional durante a batalla de Segovia.

Jordan chega á zona, situada tralas liñas inimigas, guiado por un vello, Anselmo. Alí atópase con que o xefe da banda de guerrilleiros que debe axudalo a voar a ponte, Pablo, é un borracho acovardado. Pero tamén coñece a María, unha moza violada por falanxistas da que enseguida namora, e a Pilar, a muller de Pablo. Pilar é unha muller ruda, pero afouta e dunha gran vontade; ten unha gran lealdade á República e axuda moito a Jordan tanto na misión da ponte como no persoal con María.

Durante os días precedentes ao momento acordado do ataque, Jordan descobre o amor e a importancia da vida, pero tamén entende que seguramente morrerá e non poderá ir a Madrid con María.

Personaxes

editar
  • Robert Jordan: dinamiteiro.
  • Anselmo: de 67 anos guía de Robert.
  • Pablo: Líder dunha banda de guerrilleiros.
  • Rafael: Xitano membro da banda de Pablo.
  • Fernando: Membro da banda.
  • Golz: Xeneral republicano, comandante de Robert Jordan.
  • Pilar: esposa de Pablo.
  • María: amante de Robert.
  • Santiago: o Xordo, xefe de partida de guerrilleiros.
  • Agustín: Membro da banda de Pablo.
  • Eladio: Membro da banda de Pablo.
  • Andrés: Membro da banda de Pablo e irmán de Eladio.
  • Primitivo: Mozo membro da banda de Pablo.

Alusións a feitos e personaxes reais

editar

A acción da novela ten lugar en xuño de 1937, durante a preparación da batalla de Brunete.

A batalla de Guadalajara, o caos imperante e, de xeito máis xeral, o tráxico destino da causa republicana, serven de fondo á novela. Robert Jordan fai constar que segue aos comunistas non tanto por ideoloxía, senón pola súa disciplina nunha alusión implícita ás diverxencias e loitas internas dentro das distintas faccións do bando republicano.

A escena descrita no décimo capítulo no que Pilar narra a execución de varios fascistas da súa vila ten similitudes con feitos acaecidos en Ronda en 1936. Aínda que anos despois Hemingway declarou que inventara a escena, en Ronda uns 500 simpatizantes do bando sublevado foron despeñados polo canón que rodea a vila desde unha casa situada á beira.

No libro aparecen personaxes reais, como:

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar