Este artigo trata sobre a cidade de Alasca, para outros usos vexa Fairbanks (homónimos)
Fairbanks é unha cidade localizada en Alasca, Estados Unidos. Segundo o censo do 2007, a poboación da cidade era de 34.540[1] e a poboación total contando os arrabaldes chegaba até 97.484.[2][3] É a cidade máis grande da rexión interior de Alasca e a segunda cidade en poboación do estado. En Fairbanks atópase a Universidade de Alasca, a máis antiga do estado.