Lockheed Martin F-22 Raptor
O F-22 Raptor é un avión de combate de alta manobrabilidade de quinta xeración con tecnoloxía de sixilo construído por Lockheed Martin Aeronautics e Boeing Defense, Space & Security. Foi deseñado como caza de superioridade aérea da Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF), pero pode levar a cabo máis tipos de misións, tales como ataque a terra ou guerra electrónica. O primeiro prototipo (YF-22) voou por vez primeira o 29 de setembro de 1990.
F-22 Raptor | |
---|---|
Dous F-22 Raptor en voo | |
Tipo | caza |
Fabricante | Boeing e Lockheed Martin |
Primeiro voo | 29 de setembro de 1990 |
Introducido | 15 de decembro do 2005 |
Estado | en servizo |
Produción | 1997-2011 |
Unidades construídas | 195 (8 de probas e 187 operacionais)[1] |
Lockheed Martin é o contratista principal e o responsable da maior parte da estrutura, do sistema de armas e da ensamblaxe final do F-22. O socio do programa é Boeing Integrated Defense Systems e proporciona as ás, a parte traseira da fuselaxe, a integración de aviónica e todos os sistemas de adestramento dos pilotos e do persoal de mantemento.
O avión foi designado tanto F-22 como F/A-22 durante os anos anteriores á súa entrada en servizo na Forza Aérea dos Estados Unidos en decembro de 2005 como F-22A. A pesar dun período de desenvolvemento prolongado e custoso, a USAF considera o F-22 como un compoñente fundamental no futuro poder aéreo táctico do seu país, e afirma que o avión non é comparable con ningún caza coñecido nin proxectado, mentres que Lockheed Martin reivindica que a combinación de furtividade, velocidade, axilidade, precisión e conciencia situacional do Raptor, combinadas coas súas capacidades de combate aire-aire e aire-superficie, deberían facer del un dos mellores cazas do mundo actualmente.
Con todo, a verdade é que o raptor ten uns custos altos de mantemento e unha serie de problemas técnicos importantes[2] (coma corrosión en partes da fuselaxe, problemas na computadora de a bordo etc.[3]) e de mantemento[4], polo cal en 2009 se votou no senado dos EEUU parar a construción de máis F-22[5].
Notas
editar- ↑ Combat Aircraft (ed.). "Final F-22 delivered". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ "F22 Raptor Exposed - Why the F22 Was Cancelled".
- ↑ "F-22 Raptor: Incidentes". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2014. Consultado o 01 de setembro de 2014.
- ↑ "F/A-22 Raptor (Having Maintenance Problems)".
- ↑ "Senate votes to stop making more F-22 Raptor fighter jets".