Edwin Arnold
Edwin Arnold, nado en Gravesend o 10 de xuño de 1832 e finado o 24 de marzo de 1904, foi un xornalista e escritor británico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1832 Gravesend, Reino Unido (pt) |
Morte | 24 de marzo de 1904 (71 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | University College (pt) King's College de Londres King's School, Rochester (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, xornalismo, estudos orientais (pt) e edição (pt) |
Ocupación | xornalista, orientalista, editor literario, escritor, poeta, tradutor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Frances Maria Adelaide Channing (1868–) Catherine Elizabeth Biddulph Tama Kurokawa |
Fillos | Edwin Lester Arnold () Catherine Elizabeth Biddulph William Channing Arnold () |
Irmáns | Arthur Arnold George Matthews Arnold |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, second supplement (en) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Dictionary of Indian Biography (en) |
Traxectoria
editarFormou parte da dirección do Daily Telegraph, e foi un dos que máis apoiou, cos propietarios do seu periódico e o New York Herald, a viaxe de Stanley a África para descubrir o curso do río Congo, en agradecemento Stanley deulle o seu nome a unha montaña. Arnold foi tamén o primeiro que tivo a idea dunha liña de ferrocarril que atravesase o continente africano e o primeiro en empregar a frase, en 1874, "Cape to Cairo railway" (Ferrocarril de Cidade do Cabo a O Cairo), popularizada posteriormente por Cecil Rhodes.
A súa principal obra The Light of Asia (1879), unha epopea india, na que versifica a vida e ensinanzas de Buda, tivo un inmediato éxito en Gran Bretaña e os Estados Unidos.