Expocoruña
O Recinto Feiral Expocoruña é a institución feiral da Coruña, que organiza salóns relacionados cos diferentes sectores económicos. Está situado en Someso.[1]
Legalmente estrutúrase como a Fundación Instituto Ferial de A Coruña (IFECO) con carácter de entidade pública, conformada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Confederación de Empresarios da Coruña e Abanca.[2][3][4][5]
Historia
editarO proxecto do recinto feiral comezou o ano 2003. Porén, sufriu atrasos e aumentos de custos que elevaron o orzamento ata 37 millóns de euros, un 75% máis do presupostado.[6] O edificio, deseñado por Luis Collarte,[7] inaugurouse o 19 de febreiro de 2008.[8]
Recinto
editarConta con 19 000 m2 cubertos e 8000 ao aire libre. Dispón tamén de salas multiúsos, aulas e despachos, ademais de aparcadoiro.[9]
Feiras e outras actividades
editarAlgúns dos eventos organizados en Expocoruña son Expotaku,[10] a Feira de Autónomos de Galicia[11] ou o Salón do Vehículo de Ocasión.[12]
Nas instalacións realízanse tamén espectáculos musicais como o Sónar 2010,[13] presentacións, congresos e mitins políticos.[14][15] Entre o 16 de outubro e o 13 de novembro de 2012 tivo lugar no recinto o xuízo pola catástrofe do Prestige.[16][17]
En abril de 2020 habilitouse no recinto un hospital de campaña para empregar durante a pandemia por coronavirus.[18]
Notas
editar- ↑ En 2012 Expocoruña obtuvo unos beneficios de 60.000 euros
- ↑ "Asociación de Ferias Españolas - Socio organizador EXPOCoruña". www.afe.es (en castelán). Consultado o 2022-12-19.
- ↑ "El recinto ferial de A Coruña lleva medio año sin gerente y casi diez con sus estatutos sin adaptar a la ley". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2019-09-27. Consultado o 2023-02-10.
- ↑ "Caixa Galicia se incorpora a la fundación del recinto ferial aportando 6 millones de euros". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-02-02. Consultado o 2023-02-10.
- ↑ "Cámara y Confederación de Empresarios de A Coruña abandonan la gestión del Instituto Ferial » Galicia" (en castelán). Consultado o 2023-02-10.
- ↑ Obelleiro, Paola (20-2-2008). "A Coruña estrena su primer recinto ferial aún sin acabar". El País (en castelán). Consultado o 12-4-2016.
- ↑ "Premian el recinto ExpoCoruña por su gran funcionalidad". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016.
- ↑ "ExpoCoruña abre sus puertas para recibir a 20.000 visitantes entre obras". 20 minutos (en castelán). 18-2-2016. Consultado o 12-4-2016.
- ↑ "Que ofrecemos". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016.
- ↑ Expotaku
- ↑ "Feira dos Autónomos de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016.
- ↑ Motorcasión reunirá 700 coches en Expocoruña
- ↑ "Sónar Galicia". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016.
- ↑ Rajoy participa este sábado en un almuerzo-mitin en A Coruña
- ↑ Un escenario de estrella
- ↑ Expocoruña se viste de blanco inmaculado para el juicio de la marea negra del “Prestige”
- ↑ Acción en vivo de Greenpeace
- ↑ Expocoruña ya está listo: A Coruña abre un hospital de campaña con 240 camas y 10.000 m2
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Expocoruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |