Dreta de l'Eixample

barrio de Barcelona

A Dreta de l'Eixample é un dos seis barrios do distrito do Eixample da cidade de Barcelona. Este barrio foi onde empezou a aplicación do plan de ensanche de Ildefons Cerdà. Esténdese desde a rúa Balmes ata o paseo de Sant Joan e rúa de Nápoles.

Modelo:Xeografía políticaDreta de l'Eixample
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°23′43″N 2°10′00″L / 41.39528, 2.16667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirEixample de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación44.088 (2021) Editar o valor en Wikidata (20.766,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie212,3 ha Editar o valor en Wikidata

Está composto por varios dos principais lugares de interese de Barcelona como a Plaça de Catalunya ou o Paseo de Gràcia, coa Pedrera e a Casa Batlló, entre outros.

Cando se iniciou a urbanización, construíronse casas unifamiliares con xardín, das que quedan xa poucas mostras. Despois das obras da Via Laietana, na Ciutat Vella, a burguesía comezou a ocupar o Eixample, encargando as construcións aos grandes arquitectos do momento.