A destilación é un proceso físico que consiste en quentar un material ata que os seus compoñentes máis volátiles pasan á fase de vapor e, a continuación, arrefrían o vapor para recuperar ditos compoñentes en forma líquida por medio da condensación. O obxectivo principal da destilación é separar unha mestura de varios compoñentes aproveitando as súas distintas volatilidades, ou ben separar os materiais volátiles dos non volátiles.

Destilador.

Na evaporación e no secado, normalmente o obxectivo é obter o compoñente menos volátil; o compoñente máis volátil, case sempre auga, rexéitase. Porén, a finalidade principal da destilación é obter o compoñente máis volátil en forma pura. Por exemplo, a eliminación da auga da glicerina evaporando a auga, chámase evaporación, pero a eliminación da auga do alcohol evaporando o alcohol, chámase destilación, aínda que se usan mecanismos similares en ámbolos dous casos.

Teoría da destilación

editar

Na mestura simple de dous líquidos solubeis entre si, a volatilidade de cada un é perturbada pola presenza do outro. Neste caso, o punto de ebulición dunha mestura ó 50%, por exemplo, estaría a metade de camiño entre os puntos de ebulición das substancias puras, e o grao de separación producido por unha destilación individual dependería soamente da presión de vapor, a volatilidade dos compoñentes separados a esa temperatura.

Esta sinxela relación foi anunciada por vez primeira polo químico francés François Marie Raoult (1830-1901) e chamouse lei de Raoult. Esta lei só se aplica a mesturas de líquidos moi similares na súa estrutura química, como o benceno e o tolueno. Na maioría dos casos prodúcense amplas desviacións desta lei. Se un compoñente só é lixeiramente soluble no outro, a súa volatilidade aumenta anormalmente.

No exemplo anterior, a volatilidade do alcohol en disolución acuosa diluída é varias veces maior que a predita pola lei de Raoult. En disolucións de alcohol moi concentradas, a desviación é aínda maior: a destilación de alcohol de 99% produce un vapor de menos de 99% de alcohol. Por esta razón o alcohol non pode ser concentrado por destilación máis dun 97%, aínda que se realice un número infinito de destilacións.

O aparello utilizado para a destilación no laboratorio, é o alambique, que consta dun recipiente onde se almacena a mestura, á que se lle aplica calor, un condensador onde se arrefrían os vapores xerados, levándoos de novo ao estado líquido e un recipiente onde se almacena este líquido concentrado.

Na industria química utilízase a destilación para a separación de mesturas simples ou complexas. Unha forma de clasificar a destilación pode ser a de que sexa descontinua ou continua.

Aparato de destilación simple

editar
 
Destilación simple.

Un Aparello de destilación simple é un aparello empregado en laboratorios de química para producir unha destilación simple.

No esquema situado á dereita pode observarse un aparello de destilación simple básico:

  1. Mecheiro, proporciona calor á mestura a destilar.
  2. Balón de destilación, que deberá conter pequenos anacos de material poroso (cerámica, ou material similar) para evitar sobresaltos repentinos por sobrequencementos.
  3. Cabeza de destilación: Non é necesario se o balón de destilación ten unha tubuladura lateral.
  4. Termómetro: O bulbo do termómetro sempre se sitúa á mesma altura que a saída á entrada do refrixerador. Para saber se a temperatura é a real, o bulbo deberá ter polo menos unha pinga de líquido. Pode ser necesario un tapón de goma para soster ao termómetro e evitar que se escapen os gases (moi importante cando se traballa con líquidos inflamables).
  5. Tubo refrixerante.
  6. Entrada de auga: O líquido sempre debe entrar pola parte inferior, para que o tubo permaneza cheo con auga.
  7. Saída de auga: Case sempre pode conectarse a saída dun á entrada doutro, porque non se quenta moito o líquido.
  8. Fonte de baleiro: Non é necesario para unha destilación a presión atmosférica.
  9. Adaptador sen carga: Non é necesario para unha destilación a presión atmosférica.

Tipos de destilación

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar